RASCA E GAÑA-INSCRICIÓN

FORMULARIO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA O 10 DE DECEMBRO 

(Exclusivo para comercio polo miúdo de Nigrán non asociado a Ovalmi  porque Ovalmi contactará directamente cos seus socios)

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE A INSCRICIÓN PARA AQUELES NEGOCIOS POLO MIUDO NON ASOCIADOS A OVALMI QUE DESEXEN PARTICIPAR NO ‘RASCA E GAÑA DE NADAL’

O pequeno comercio non asociado a Ovalmi que desexe sumarse debe inscribirse ata o 9 de decembro nun formulario web en www.nigran.es

O Concello repartirá 5.000 € en premios ocultos en 25.000 cupóns de ‘Rasca e Gaña’ que os comerciantes achegarán os seus clientes en cada compra

Nigrán, 25/11/22.- O Concello de Nigrán e a Asociación de Empresarios Ovalmi, coa colaboración de Aqualia, ampliarán a súa campaña ‘Este Nadal merca en Nigrán’ ao reparto de 5.000 € ocultos en 25.000 boletos ‘Rasca e Gaña’ cos que agasallará o comercio polo miudo aos seus clientes. A iniciativa será proposta directamente por Ovalmi aos seus asociados e, o pequeno comercio non asociado que desexe participar debe inscribirse ata o 10 de decembro a través dun formulario web en www.nigran.es ou directamente en https://forms.gle/ResmNqdYQ1k4BsJ26. O obxectivo é promover as compras no pequeno comercio da localidade.