PROXECTO LIBERA – INSCRICIÓN

REALIZAR INSCRICIÓN

 

O CONCELLO DE NIGRÁN SÚMASE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO AO PROXECTO LIBERA ‘1M2 POLAS PRAIAS E MARES’ CUNHA XORNADA MATINAL DE LIMPEZA ESTE DOMINGO

Desenvolverase na zona do peirao de Lourido desde as 11:00 ás 12:30 horas. Os interesados deben anotarse a través da web do Concello

Nigrán, 14/09/21.- O Concello de Nigrán súmase por segundo ano consecutivo ao proxecto Libera ‘1m2 polas praias e mares’ cunha xornada de limpeza matinal este domingo 19 de setembro en Praia América. O punto de encontro é ás 11:00 horas no campo de fútbol de Lourido, desenvolvéndose a acción especialmente na contorna do peirao, onde só é posible a limpeza manual. Os interesados deben inscribirse a través dun formulario ubicado na portada da web municipal www.nigran.es, estando o aforo reducido a 30 prazas. Recoméndase levar luvas, auga e roupa e calzado axeitado ao día.

 

Esta acción voluntaria ten como obxectivo non só liberar á natureza de lixo, se non caracterizar e tipificar o refugallo en cada punto onde se atopa. A xornada desenvolverase coas medidas de seguridade e prevención necesarias para salvagardar a saúde dos participantes. «Se hai unha forma de concienciar desde a participación cidadá é animando á xente para saír aos espazos naturais e recoller o que ninguén debía abandonar en primeira instancia: a liberar, en definitiva, a natureza de basuraleza», sinala o alcalde, Juan González.