PROGRAMACIÓN SAMAÍN 2024

INSCRICIÓNS PARA AS VISITAS TEATRALIZADAS AO CEMITERIO DO CEÁN AQUÍ A PARTIR DO LUNS 21

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE CATRO DÍAS SEGUIDOS DE PROGRAMACIÓN DE SAMAÍN

Arranca o martes 29 con ‘Caxoto Contacontos’ no CEE de Panxón ‘aderezado’ con petiscos elaborados polo alumnado dentro do proxecto de restaurante ‘Toleamos sen máis’

O mércores 30 proxectarase a película de animación ‘El Castillo Ambulante’, premio Óscar 2005, e se realizarán novamente visitas teatralizadas ao cemiterio do Ceán

O xoves 31 o Auditorio Municipal acollerá un obradoiro de luz e sombras para a cativada e o venres 1 unha festa de disfraces e ‘neon party’

Nigrán, 17.10.24.- O Concello de Nigrán prepara un Samaín completo de actividades para toda a familia desde o martes 29 de outubro ao venres 1 de novembro. “Pensamos nunha programación de calidade na que as crianzas sexan as protagonistas pero que, ademáis, resulte atractiva para acudir en familia e disfrutar xuntos”, considera o alcalde, Juan González.

Así, o Samaín arrancará en Nigrán o martes 29 mesturando gastronomía e contacontos a través dunha actividade organizada en colaboración do CEE de Panxón: Caxoto contacontos aderezado cos petiscos que elabore o alumnado do centro dentro do seu proxecto de restauración ‘Toleamos sen máis’. Os asistentes poderán degustalos mentras Caxoto presenta un monólogo familiar con temática propia destas datas. Será ás 19:00 horas no devandito centro educativo e para acudir é imprescindible inscribirse previamente en cee.panxon@edu.xunta.gal (é de balde pero o aforo está limitado).

Ao día seguinte, mércores 30, proxectarase no Auditorio Municipal ás 19:00 horas a película xaponesa de Hayao Miyazaki ‘El Castillo Ambulante’, premio Óscar ao mellor filme de animación no ano 2005 e considerada unha auténtica obra mestra para un público familiar. Este mesmo día o Concello de Nigrán repite con Teatro do Ar as visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal do Ceán en quendas ás 19:30, 20:10 e 20:50 horas (é preciso inscribirse previamente a partir do luns 21 de outubro nun formulario web en www.nigran.es). Ilustres como o escritor Carlos Casares, o inventor do casulo para pescar polvos Daniel Pazó ou o profesor republicano asasinado Vázquez Grela (os tres aquí aterrados) regresarán de ultratumba para contar de primeira man aos presentes a súa historia. Estas visitas, segundo o director da compañía Pedro Rodríguez Villar deseñou, tratan de conxugar toda a información histórica “dunha forma cómica e lixeira». “Son visitas que poñen en valor o noso cemiterio municipal e, sobre todo, personaxes históricos de Nigrán que todo veciño debe coñecer”, explica o rexedor.

O samaín continuará o xoves 31 e o venres 1 no Auditorio Municipal con sendas festas dirixidas á infancia. Así, o Concello ofrece o 31 a través da cooperativa ‘MilRamas’ un obradoiro de luces e sombras con cinco recunchos diferentes de xogo libre e desestructurado empregando materiais luminosos e luminiscentes, teas, disfraces e aparellos de creación propia nas que as bruxas, os pantasmas e os zombies forman parte da festa. Está dirixido a crianzas a partir de 3 anos, debendo acudir acompañados na franxa de idade de 3 a 5 anos. Este obradoiro comezará ás 17:00 e dividirase en tres pases de 50 minutos, polo que é preciso inscribirse previamente a través de whatsapp no 617922820 indicando nome completo, idade e quenda á que asistirá (primeira, segunda ou terceira).

Finalmente, o Rei Midas pechará o Samaín nigranés o venres 1 de novembro ás 17:30 horas co espectáculo ‘Museo Máxico e festa neón party’ no Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo. Na festa realizará un espectáculo de maxia e as crianzas poderán xogar con material lumínico.