PRE-RESERVA PARA ‘PIONERAS’, DE PATRICIA KRAUS, O 31 DE XULLO

FICHA DE PRE-RESERVA (enviar cuberta a cultura@nigran.org)

DOSSIER DO ESPECTÁCULO

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO LUNS 20 AO 27 O PRAZO DE PRE-RESERVA PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO ‘PIONERAS’ DE PATRICIA KRAUS O 31 DE XULLO NO CPI ARQUITECTO PALACIOS

O custe é de 9 € e os interesados disporán na web municipal da ficha de pre-reserva e as indicacións oportunas

A cantante rede unha homenaxe ás grandes voces femininas que marcaron a música do século XX, como Billie Holiday, Sara Vaughan, Ella Fitzgerald, Aretha Franklin…

O Concello de Nigrán abre do luns 20 de xullo ao luns 27 o prazo para facer a pre-reserva para asistir o 31 de xullo ao espectáculo ‘Pioneras’ (CPI Arquitecto Palacios de Panxón, 22:00 horas) no que Patricia Kraus homenaxea ás grandes voces femininas que marcaron a música do S.XX. O custe é de 9 € e os interesados deberán cubrir una ficha dispoñible na web municipal www.nigran.org e enviala a cultura@nigran.org. Unha vez que se reciba esta pre-reserva se lles enviará por email unha carta de pago para o abono da entrada, que deberán efectuar no día seguinte. Toda a información estará colgada na web do Concello e calquera dúbida se resolverá a traves do mail cultura@nigran.org.

Patricia Kraus rende con ‘Pioneras’ unha homenaxe ás grandes voces femininas que marcaron a música del S.XX como Bessi Smith, Billie Holiday, Sara Vaughan, Ella Fitzgerald, Aretha Franklin, Nina Simone, Janis Joplin, Mercedes Sosa e Mina.

Patricia Kraus é unha cantante, compositora e produtora española, filla do tenor Alfredo Kraus. Nace en Milán, pero a súa su familia se instala en España desde a súa infancia. Comeza estudios musicais aos nove anos, para máis tarde ampliar a súa formación vocal xunto á soprano Lina Huarte e o seu pai. A pesares da súa formación clásica, decántase pola música moderna e xa durante as décadas dos 80 e 90 publica varios trabajos como autora e cantante, dentro do mundo do pop. Agora, tras a súa triloxía de blues, soul, jazz e máis, Patricia Kraus presenta “Pioneras”. O espectáculo conta con Alejandra Saenz na dirección de escea e Beatriz Ortega na produción. A cantante estará acompañada no escenario por Gherardo Catanzaro (piano), Yrvis Méndez (bajo), Pedro Porro (batería), Manuel Machado (trompeta) e Iñaki Arakistain (saxo).

MÁIS INFORMACIÓN E DÚBIDAS: cultura@nigran.org