O CONCELLO DE NIGRÁN ADQUIRE UN VEHÍCULO 4X4 ETIQUETA ECO PARA A POLICÍA LOCAL
O Concello de Nigrán ven de adquirir un vehículo 4×4 para a Policía Local por importe de 39.922 € dos que 19.956 € se corresponden ao Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. En concreto, trátase dun Toyota RAV 4 etiqueta ECO que permitirán mellorar a calidade do servizo policial ao tempo que o Concello diminúe a pegada de carbono da súa flota.

