O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O MÉRCORES O PRAZO DE INSCRICIÓN A ‘PIANO E LINGUAXE MUSICAL’ COMO NOVA ACTIVIDADE MUNICIPAL

DESCARGAR TODA A INFORMACIÓN

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O MÉRCORES O PRAZO DE INSCRICIÓN A ‘PIANO E LINGUAXE MUSICAL’ COMO NOVA ACTIVIDADE MUNICIPAL

As clases comezarán o 15 de novembro e o custe de todo o curso é de 75€. Ofrécense 20 prazas para nenos (de 8 a 18 anos) e 10 para adultos, non sendo preciso ter ningún tipo de coñecementoFolla Información Piano

Todos os matriculados en guitarra e violín se beneficiarán tamén da nova materia de ‘Linguaxe Musical’ e os de Piano recibirán 30 minutos de clases prácticas individuais á semana e 1 hora de Linguaxe Musical

Nigrán, 06/11/20.- O Concello de Nigrán incorpora Piano a súa oferta de activides culturais municipais despois de que o ano pasado se adquirise un piano de cola para este fin. O prazo de inscrición será só para os empadroados este mércores e xoves (10 e 11 de novembro) de 9:00 a 13:00 horas no Auditorio Municipal e, no caso de sobrar prazas, o venres seguirá aberto tamén con opción para os non empadroados. O custe total de todo o curso é de 75 € (100 € non empadroados) e a matricula se formalizará unha vez realizado o pagamento. Este novo alumnado de Piano recibirá unha hora á semana de Linguaxe Musical en grupos de máximo 15 persoas e, adicionalmente, 30 minutos de clases prácticas individuais. O curso comezará o 15 de novembro e se desenvolverán polas tardes de luns a xoves en diferentes grupos, ofrecendo o Concello 20 prazas para menores (de 8 a 18 anos) e 10 para maiores de idade. Non é preciso ter ningún tipo de coñecemento de música e piano.

Os 90 alumnos xa matriculados en música (60 en guitarra e 30 en violín) beneficiaranse tamén de Linguaxe Musical como nova asignatura, o que permitirá dar un salto de calidade nas clases encamiñado á constitución da futura Escola Municipal de Música na sede da biblioteca do Ceán.

O Concello investíu 9.500 euros na compra dun piano de cola Yamaha negro pulido de 151 cm (e a correspondente funda acolchada a medida) para poder ofrecer a aprendizaxe deste instrumento na actividade municipal e empregalo en concertos. “É un investimento en cultura do que estamos moi orgullosos, é un salto en calidade, poucas familias se poden permitir ter un piano de cola na súa casa e aquí estará a disposición de toda aquela persoa que desexe formarse”, resume.