FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO ‘FLOTA COMO POIDAS’ DO DOMINGO 11 DE AGOSTO
Os interesados deben anotarse nun formulario web en www.nigran.es ata o venres 9 de agosto ás 12:00 horas
Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e agasallos sorpresa
O evento coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobelo’
Nigrán, 19/07/24.- O Concello de Nigrán abre ata o 9 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de «artefactos flotantes» chamada ‘Flota Como Poidas’, que terá lugar o domingo 11 de agosto ás 19:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados deberán anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 17.00 a 19.00 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa. O evento, como é habitual, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobello’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi.
É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. O Concello premiará o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao «Titanic» da edición.


