Inscrición de aldeas do Xisto

Enlace para inscribirse

O CONCELLO DE NIGRÁN ORGANIZA ESTE SÁBADO UN ROTEIRO DE SENDEIRISMO GRATUÍTO POLAS ALDEAS DO XISTO (PORTUGAL)

Os interesados teñen de prazo para inscribirse ata este xoves 24 a través da web ou da Oficina de Información. A ruta consta de 6 km a pé entre estas pintorescas aldeas do centro de Portugal

Os asistentes percorrerán os sendeiros entre Lousa, Casal Novo e Talasnal, todas na Serra da Lousa da rexión centro de Portugal, conformando un dos conxuntos turísticos máis singulares do país

Nigrán, 21.03.22.– O Concello de Nigrán organiza este sábado 26 de marzo unha xornada gratuita de sendeirismo de 6 km polas aldeas do Xisto (centro de Portugal). A dificultade do roteiro é media-baixa e está pensado para poder facerse en familia, pero evidentemente é necesario estar en boas condicións físicas para camiñar tres horas sen dificultade.Os interesados en participar teñen de prazo para anotarse ata este xoves 24 de marzo a través dun formulario en www.nigran.es ou na Oficina de Información da Casa Consistorial. O Concello disporá dun autobús que sairá do Concello ás 9:00 horas para chegar de volta aproximadamente ás 22:30 horas, debendo levar cada un a súa propia bolsa co picnic para xantar de campo, asi como auga. Dada a natureza desta excursión, é imprescindible acudir debidamente equipado, con roupa cómoda e zapato axeitado.

En concreto, os asistentes percorrerán os sendeiros entre as aldeas de Lousa, Casal Novo e Talasnal, todas nesta Serra da Lousa da rexión centro de Portugal. Estas aldeas forman un dos conxuntos turísticos máis singulares do país, coa súa arquitectura a base de pedra de lousa (‘xisto‘) e con gran atractivo para os amantes do turismo de natureza.