Información actividades deportivas e culturais municipais 2020/2021

Preme no seguinte enlace:

Ficha Precios Horarios Actividades Covid 2020-2021

 

 

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE ESTE LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS, QUE SE MANTERÁN CUN AFORO MÁIS REDUCIDO POR PROTOCOLO COVID

Se o tempo o permite, as actividades se realizarán ao aire libre en Gaifar con máscara obrigatoria e grupos de 10 persoas. Habilitaranse grupos matinais específicos de maiores de 65 anos para ioga, zumba e ximnasia de mantemento

Mantéñense os prezos do ano pasado, as bonificacións e as mesmas actividades

Nigrán, 18.09.20.- O Concello de Nigrán abre do luns 21 de setembro ao sábado 26 o prazo de inscrición para as actividades deportivas municipais e culturais, que arrancarán o 5 de outubro e se manteñen igual que o ano pasado pero cun aforo reducido de entre un 50% e 30% en grupos de como máximo 10 persoas e cun protocolo específico de seguridade supervisado polo Servicio de Prevención de Riscos Municipal. Igualmente, habilitaranse grupos matinais de persoas maiores de 65 anos para Ioga, Zumba e Mantemento. Os prezos, as bonificacións e o tipo de actividades continúan igual e en todos os casos deberán desenvolverse con emprego de máscaras en todo momento.

A inscrición para as actividades deportivas (ioga, ximnasia de mantemento, ximnasia de terceira idade, aerobic-step, taichi, taekwondo, pilates, zumba, tenis) levarase a cabo na Oficina de Turismo de Gaifar (Panxón) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e o sábado de 10:00 a 14:00. Estas se terán lugar, sempre que a climatoloxía o permita, ao aire libre no espazo deportivo de Gaifar. Pola súa banda, as inscricións para as culturais (música, cerámica, torno e pintura) serán tamén do día 21 ao 26 de setembro no Auditorio Municipal de 10:00 a 14:00 de luns a venres. En ambos casos as prazas se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

O Concello de Nigrán manterá un estricto protocolo de seguridade sanitaria con control de temperatura ao inicio da actividade, distancia de seguridade, realización de test periódicos aos monitores, desinfección de mans… Precisamente por criterios de seguridade sanitaria, a sala de máquinas permanecerá pechada.

As actividades finalizarán o 31 de maio e, tal e como sucedeu neste curso pasado, os poderán suspenderse xerando o dereito de devolución dos meses non disfrutados.