‘I Encontro de Ioga Concello de Nigrán’

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO NA PRAIA DE PATOS O SEU ‘I ENCONTRO DE IOGA’ ABERTO AO PÚBLICO AO CARGO DO GRAN MESTRE INTERNACIONAL MADHANA

O director e fundador do Centro Sananda en Vigo, pioneiro en España na práctica desta disciplina, realizará unha demostración e posterior clase maxistral gratuíta para todo aquel que desexe participar

Esta actividade encádrase na convivencia sobre ‘Ioga e Meditación’ que manterán no Centro de Tempo Libre de Patos desde o venres ao domingo un total de 50 persoas de toda España baixo a dirección do Centro Sanando e os mellores profesores do país

«Consideramos que era unha magnífica oportunidade para o Concello organizar esta xornada aproveitando a presencia dos mellores maestros de Ioga», explica o alcalde, Juan González

Nigrán, 25/05/22.- O Concello de Nigrán ofrecerá este domingo a partir das 17:30 horas na Praia de Patos o seu ‘I Encontro de Ioga’ aberto ao público a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, o introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo. O célebre yogui, acompañado dalgúns dos mellores profesores do país, realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse ás 17:30 horas no areal cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.

Esta actividade encádrase na convivencia sobre ‘Ioga e Meditación’ que manterán no Centro de Tempo Libre de Patos desde o venres ao domingo un total de 50 persoas vidas de toda España e baixo a dirección do Centro Sananda cos mellores profesores do país. «Consideramos que era unha magnífica oportunidade para o Concello organizar esta xornada aproveitando a presencia dos mellores maestros de Ioga nun enclave tan espectacular como é Patos, a combinación resulta marabillosa», explica o alcalde, Juan González.

«Queremos de maneira desinteresada e altruista ofrecer este encontro na busca de maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda ao encontro”, invita Madhana Agulla, gran mestre acostumado a impartir cursos a nivel internacional e formado co profesor Rama Chandra Filosofía na India na Universidade Mysore.