I Certame Internacional de Corais ‘Ars Canendi’

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE SÁBADO NA IGREXA DE SAN FIZ O SEU PRIMEIRO CERTAME DE CORAIS ‘ARS CANENDI’

Participa o Coro de Cámara Ainur (Illas Canarias) e as corais Santiago Apóstol e Coro Encanto, ambas de Madrid. O evento estaba previsto para o ano 2020 pero tivo que ser aplazado pola pandemia

Nigrán, 28.06.22.– O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de Xullo a partir das 19:30 horas na Igrexa de San Fiz (Nigrán) o seu I Certame Internacional de Música Coral «Ars Canendi: As voces no Camiño» despois de dous anos paralizado pola pandemia. Finalmente, participarán neste concurso de música sacra o Coro de Cámara Ainur (Illas Canarias) e as corais Santiago Apóstol (Madrid) e a súa sección xuvenil Coro Encanto. Ademais dos premios para o primeiro, segundo e terceiro clasificado haberá un premio especial de 500 € á mellor interpretación dunha obra composta para a ocasión, «Ave Maris Stella», de Javier Fajardo. O xurado estará formado polos prestixiosos directores de coro Nuria Fernández, Joan Company, Javier Fajardo, Javier Domínguez e a mezzosoprano Nuria Lorenzo.

A concelleira de Cultura, Nuria Lorenzo, directora a súa vez do coro Gli Appassionati, quere «converter a Nigrán nun referente nacional e mesmo internacional da música coral de calidade» ao tempo que se propicia o intercambio de estilos, interpretación, educación vocal e diferentes maneiras de entender a música coral.