
O CONCELLO DE NIGRÁN INAUGURA ESTE VENRES NO SALÓN DE PLENOS UNHA EXPOSICIÓN DE MÁIS DE 300 BONECAS ‘NANCY’ CLÁSICAS
Inaugúrase este venres ás 17:00 horas e estará aberta ata o 22 de Marzo de 17:00 a 20:00 horas con entrada libre e doazón voluntaria para AGAELA
Forman parte da colección da gondomareña Marga Fernández, coñecida en todo o país polos seus perfís de Facebook ‘El desván de Nancy’ e ‘Margochiña Fernández’
A mostra inclúe todo tipo de complementos e mobiliario, accesorios, máis dun cento de conxuntos de vestir na súa caixa orixinal ou unha decena de bonecos ‘Lucas’ (mozos de Nancy)
Nigrán, 13.03.26.- O Concello de Nigrán ofrece ata o 22 de Marzo no Salón de Plenos unha exposición de bonecas ‘Nancy’ da coleccionista gondomareña Marga Fernández, traballadora municipal e coñecida en todo o país polos seus perfís de Facebook ‘El desván de Nancy’ e ‘Margochiña Fernández’. A mostra está composta por máis de 300 bonecas clásicas, incluíndo infinidade de complementos, mobiliario específico, accesorios, máis dun cento de conxuntos de vestir no seu paquete orixinal e outros 600 aparte e unha decena de bonecos ‘Lucas’ vintage (mozos de Nancy). A maiores, e precisamente empregando ‘Lucas’ actuais, Marga presenta nesta mostra unha recreación da orquestra América, cos seus seis músicos totalmente caracterizados e subidos a un escenario. A exposición inaugurase este venres 13 de marzo ás 17:00 horas e estará aberta ata o 22 de Marzo de 17:00 a 20:00 horas con entrada libre e doazón voluntaria para AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica).
Casualmente, Marga Fernández naceu no mesmo ano que Nancy, en 1968, e na súa infancia tivo unha única boneca da que quedou prendada e que lle impulsou a iniciar a colección hai 20 anos grazas ás redes sociais, cando descubríu a coleccionistas de toda España, sumándose de seguido a este fenómeno da coñecida marca alicantina Famosa (de onde son tamén as Barriguitas, Nenuco ou Mari Loli). Desde entón, busca accesorios, traxes e todo tipo de complementos, ademais de asistir a convencións nacionais onde amplía e comparte os seus coñecementos con outros coleccionistas e participa en obradoiros específicos.
«Colecciono Nancys clásicas, desde su nacimiento en 1968 hasta el año que se dejaron de fabricar con estas características, en 1996. Aquí el visitante podrá encontrar muchas versiones diferentes del mismo conjunto o curiosidades como la colaboración que se realizó con Walt Dysney para promocionar Cenicienta», explica Marga, auténtica fan do grupo América e a quen rende homenaxe nesta exposición cunha maqueta a base de ‘Lucas’. «Empecé por el bajista, Eder, y como me gustó el resultado y el me animó a seguir fui completando el grupo musical. Ellos ya los conocen, de hecho fueron presentando en diferentes conciertos su respectivo muñeco», indica. Así, non lles falta o mínimo detalle, desde complementos como pendientes, a roupa exacta feita a medida ou os pinganillos na orella e a cervexa 1906 na man de Morrigan.


