Excursión a Asturias

O CONCELLO DE NIGRÁN ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A ASTURIAS PARA OS SEUS MAIORES DO 27 AO 29 DE MAIO

Ademais de coñecer a histórica cidade de Oviedo, inclúe visita a algunha das localidades costeiras máis fermosas do Principado

Ten un custe de 210 €/persoa e está dirixido a persoas xubiladas empadroadas no municipio. A inscrición é o xoves 12 de Maio de 9:00 a 13:00 horas no Pavillón Municipal de Panxón con DNI e un máximo de dous anotados por persoa

O prezo inclúe hotel de 3 ou 4 estrellas en Oviedo en habitación dobre, transporte en autobús, pensión completa, guía acompañante e seguro

Nigrán, 10.05.22.- O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade nesta ocasión cunha excursión de tres días a Asturias o 27, 28 e 29 de Maio. O custe é de 210 € e inclúe hotel de 3 ou 4 estrellas en Oviedo en habitación dobre, transporte en autobús, pensión completa, guía acompañante e seguro. A inscrición realizarase únicamente este xoves 12 de Maio no Pavillón Municipal de Panxón de 9:00 a 13:00 horas adiantando 50 € do custe total da viaxe (cada solicitante pode anotar só a un acompañante e debe levar sendos DNI, resultando imprescindible ser xubilado empadroado en Nigrán). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición ata completar un autobús, así como as reservas dos asentos.

A excursión, ademais de coñecer a histórica cidade de Oviedo, inclúe visita a algunha das localidades costeiras máis fermosas do Principado. Esta partirá cedo desde Nigrán o venres 27 de Maio para visitar Luarca, comer posteriormente en Soto del Barco e pola tarde coñecer Oviedo, onde estará o hotel. O sábado 28 estará destinado a coñecer Xixón e Luanco con comida en Oviedo e visita pola tarde a Lastres. O domingo 29 farase unha parada en Cudillero, repetirase a comida en Soto del Barco e a continuación regresarase a Nigrán.

O goberno local de Nigrán entende que viaxar para as persoas maiores despois da inactividade do Covid-19 é especialmente importante. «Non só serve para descubrir lugares novos, senón que aporta moitísimos beneficios especialmente útiles para eles, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención».

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, «porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.