CURSO: ‘Operario de Almacén, loxística e carretilla elevadora’

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE UN CURSO DE GRATUÍTO DE ‘OPERARIO DE ALMACÉN, LOXÍSTICA E CARRETILLA ELEVADORA’ PARA VECIÑANZA DESEMPREGADA

O prazo de inscrición está aberto do 20 ao 22 de Febreiro e a formación desenvolverase do 4 ao 19 de marzo en horario matinal

Nigrán, 19.02.24.- O Concello de Nigrán inicia neste ano o ‘Plan de Formación e Emprego 2024convocando un curso gratuíto de ‘Operario de almacén, loxística e carretilla elevadora’ destinado a veciñanza desempregada ante a alta demanda por parte das empresas deste tipo de profesionais e, polo tanto, co obxectivo de que se acade a inserción laboral da persoa interesada. O período de inscrición está aberto desde este martes 20 de febreiro ao xoves 22 de febreiro ben a través de Rexistro (Planta baixa do Concello, de 9:00 a 14:00) ou Sede Electrónica. O curso terá lugar do 4 ao 19 de marzo e desenvolverase durante 60 horas, de 9:00 a 14:00 horas, no Centro Antena (o lugar das prácticas está por determinar).

As 15 prazas dispoñibles distribuiranse por rigorosa orde de inscrición tendo prioridade as persoas desempregadas empadroadas en Nigrán, e, en caso de quedar vacantes, empadroados en Nigrán ocupados e, en terceiro lugar, desempregados doutros Concellos. Toda a información, incluído a ficha de solicitude, está pendurada no taboleiro de anuncios da sede electrónica ou premendo aquí: www.nigran.es