Curso ‘Manipulador de alimentos e técnicas de venda’

Bases e instancia de solicitude

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE UN CURSO GRATUÍTO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS E ATENCIÓN AO CLIENTE

É imprescindible estar empadroado en Nigrán e terán prioridade as persoas desempregadas. Desenvolverase do 23 ao 25 de maio e o prazo de inscrición está aberto ata o 16 de Maio

O Concello convocará máis cursos para diferentes perfís laborais ao longo das vindeiras semanas

Nigrán, 09/05/22.- O Concello de Nigrán ofrece para a súa veciñanza un curso gratuíto de ‘Hixiene, manipulador de alimentos e técnicas de venda’ na hostalaría dirixido prioritariamente a desempregados (en caso de non cubrirse as prazas admitiríanse persoas empadroadas que si estean traballando). A duración do mesmo será de 10 horas e desenvolverase o 23, 24 e 25 de maio no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52- Nigrán). O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de maio, ben a través de Rexistro ou Sede Electrónica. Toda a información está pendurada na web no apartado ‘Taboleiro de Anuncios’.

«Os servizos técnicos do Concello consideraron moi convinte a realización deste curso ante a previsión de que aumente a demanda destes perfís laborais, sendo ademais obrigatorio dispor do carné de manipulador de alimentos se vas a traballar na hostalaría», explica o alcalde, Juan González, quen avanza que nas vindeiras semanas serán ofertadas máis accións formativas que permitan aumentar a empleabilidade dos veciños en paro tendo en conta a demanda no municipio.

Neste caso, o criterio de selección dos participantes seguirá un baremo no que contará ter formación relativa ao curso ou experiencia laboral ao respecto e, finalmente, en caso de empate seleccionarase por orde de inscrición.