CONCURSO DE CURTAS SOGASEX+CONCELLO

DESCARGAR BASES

CONCELLO DE NIGRÁN E SOGASEX CONVOCAN UN CONCURSO DE CURTAMETRAXES

O prazo de presentación de vídeos remata o 19 de Maio e o primeiro premio consta de 400 € en metálico

Nigrán, 06/03/23.- O Concello de Nigrán e a Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) convocan un concurso de curtametraxes coa sexualidade e os abusos como eixo temático para coincidir coa ‘Semana da Diversidade Sexual’ que cada ano ofrecen conxuntamente en Xuño, cando se dará a coñecer ao gañador (2 de Xuño). O prazo de recepción de propostas remata o 19 de Maio. O certame está aberto a particulares e a centros educativos de toda Galicia, constando en ambos casos dun primeiro premio de 400 € e outro de 100 € e sendo a duración máxima das curtas de 15 minutos. As bases polo míudo están penduradas na web municipal www.nigran.es e www.sogasex.es .