CONCURSO DE CARTEIS NIGRANJAZZ-QUIN ALBORÉS 2021

DESCARGAR AS BASES DO CONCURSO 2021

LOGOS neste orde (ao final todos, obviase Rilla na Rúa)

O CONCELLO DE NIGRÁN SÚMASE MAÑÁ AO DÍA INTERNACIONAL DO JAZZ CONVOCANDO O CONCURSO DE CARTEIS QUIN ALBORÉS

O prazo para participar no certame, dotado con 500 euros e que representará a imaxe da edición 2021, permanece aberto do luns 3 de maio ao luns 7 de xuño

Nigrán, 29/04/21.- O Concello de Nigrán súmase a celebración mañá venres do Día Internacional do Jazz convocando un ano máis o xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés’, dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz neste XV aniversario. O prazo de presentación de propostas comeza este luns 3 de Maio e remata o venres o 4 de Xuño de 2021. As bases para participar poden consultarse na web do Concello ou na propia Casa Consistorial. O certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.

Como en cada edición, o concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas (individualmente) un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) e deben ser anónimos de acordo co previsto nas bases, puidendo enviarse por correo electrónico, por Rexistro ou Correos seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.

“Non podemos obviar que esta crise afecta en sobremaneira a este sector cultural ao cancelarse case todos os eventos desde hai xa máis dun ano, por iso somos os primeiros en apoialo mantendo o festival e ofrecendo o noso espazo fundamentalmente para os músicos galegos”, explica o alcalde, Juan González, quen incide no Día Internacional do Jazz sobre as virtudes desta música internacional «como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e o reforzo da cooperación entre pobos».

Logo_Concello_Color

Logo_Concello_negro