CAMPAMENTO DE NADAL 2024

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO DE NADAL

Desenvolverase do 23 de decembro ao 3 de xaneiro no CEIP Humberto Juanes, de luns a venres

Nigrán, 21/11/24.- O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza o ‘Campamento de Nadal 2024’ co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar durante estas datasEste está destinado a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, e desenvolverase dende o día 23 de decembro ata o día 3 de xaneiro no CEIP Humberto Juanes, de luns a venres. O período de inscrición comeza o día 25 de novembro e finaliza o día 29 de novembro, ofertándose un total de 60 prazas.

Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse en nigran.sedelectronica.gal/taboleiro de anuncios

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.