BULEBULE

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE ESTE VENRES O MERCADO INVERNAL DE ARTESANÍA LOCAL BULEBULE CON TROULA E TONY LOMBA

A praza do Concello e o Auditorio, ao seu carón, acollerán ata o domingo o tradicional mercado con 24 postos e unha programación cultural que inclúe concertos ao mediodía e á noite, obradoiros, etc.

Nigrán, 09/12/24.- O Concello de Nigrán adéntrase oficialmente no Nadal este venres 13 de decembro co tradicional mercado de inverno de artesanía local ‘Bulebule’ na Praza do Concello, onde se desenvolverá ata o domingoUn total de 24 postos ofrecerán as súas mellores propostas de agasallos ao tempo que se celebran concertos a mediodía e á noitiña, obradoiros ou espectáculos de maxia. Para a inauguración, o ‘BuleBule’ contará co espectáculo de Troula Animación ‘Benito e Rufino’ desde as 17:00 horas e ás 19:00 horas será a quenda do showman Tony Lomba, entremedias haberá unha sorpresa de Husling Dance ás 18:45 horas e un obradoiro infantil de Kids&Us ‘Arts and crafts’ ás 18:00 horas. Os horarios, actividades e o nome de firmas asistentes poderán consultarse a través do seu instagram @bulebulenigran e na súa páxina web www.bulebulenigran.es.

A fin de semana o ‘Bulebule’ continúa cunha ampla variedade de actividades para nenos e adultos, desde talleres creativos ata actuacións en vivo, asegurando diversión para toda a familia. Así, o sábado a programación cultural arranca co contacontos en inglés de Kids&Us ‘The Elf´s inventions’ ás 12:30 horas no Auditorio e concerto de Kuko Jones ás 14:00 horas na Praza, e pola tarde, o Auditorio acollería o concerto da Coral Novos Aires, Ecos do Castelo e Vagalume ás 20:00 para continuar na Praza con San Rockers. Finalmente, o domingo estará Javi Pacheco ás 14:30 horas e pola tarde o espectáculo de maxia de Xulio Merino e o concerto de ‘Los Días Felices’Ámbolos días desenvolveranse obradoiros que se poden consultar na web www.bulebulenigran.es