O CONCELLO DE NIGRÁN PRESENTA O ARQUIVO HISTÓRICO AUDIOVISUAL DIXITAL DO MUNICIPIO CON MÁIS DE 300 FOTOS APORTADAS POLA VECIÑANZA
Na web www.arquivoaudiovisualnigran.
«A raíz do éxito da exposición ‘Mulleres de Nigrán -1970’ consideramos que sería interesante crear un arquivo online con todo tipo de fotos ou vídeos que axuden a visibilizar a Historia máis recente de Nigrán, trátase ademais dun traballo colaborativo entre Concello e veciñanza», sinala o alcalde, Juan González
Cumpre un dobre obxectivo, por unha banda recuperar e preservar a memoria máis recente do municipio e, por outro, difundila. A través da escolma visibilízase o desenvolvemento económico, social e cultural da localidade dun xeito sinxelo e accesible e coa opción de seleccionar por áreas como temáticas, cronoloxía ou parroquias. Todas as imaxes poden ser comentadas polos usuarios para mellorar a súa catalogación.
Nigrán, 10/12/21.- O Concello de Nigrán presenta o seu arquivo histórico audiovisual online coa posta en marcha de www.arquivoaudiovisualnigran.
Este novidoso proxecto cumpre un dobre obxectivo, por unha banda recuperar e preservar a memoria máis recente do municipio e, por outro, difundila. Así, a través da escolma realizada visibilízase o desenvolvemento económico, social e cultural da localidade dun xeito sinxelo e accesible e coa opción de seleccionar por áreas como temáticas, cronoloxía ou parroquias. Igualmente, a web está deseñada de tal xeito que calquera usuario pode comentar unha imaxe para aportar datos que melloren a súa catalogación (moitas delas carecen de case calquera información). Está aberto tamén á recepción de vídeos, que por motivos de capacidade de almacenamento serán subidos previamente a Youtube para enlazalos á web (figuran varios da antiga Televisión Local).
A día de hoxe, como novidades que non constaban na mostra ‘Mulleres de Nigrán -1970’, os usuarios poderán descubrir fotos de paisaxes irrecoñecibles (especialmente de Panxón), de procesións relixiosas e romarías, da feira do gando na Ramallosa, de traballos no campo, de escolas de nenos, de antigas voltas ciclistas, dun tremendo temporal nunha Foz do Miñor onde daquela había barcos pesqueiros… Imaxes espectaculares que nos retrotraen a épocas pasadas e que explican que é hoxe Nigrán. Moitas fotos recibidas todavía serán subidas ao longo das vindeiras semanas ante a acumulación de documentos.
«A raíz do éxito da exposición ‘Mulleres de Nigrán -1970’ na que recompilamos imaxes con mulleres como protagonistas consideramos que sería interesante crear un arquivo online con todo tipo de fotos ou vídeos que axuden a visibilizar a Historia máis recente do municipio, trátase ademais dun traballo colaborativo entre Concello e veciñanza», sinala o alcalde, Juan González, quen destaca a conveniencia de que sexa online “para que de verdade resulte facilmente accesible a todas as persoas e para que, precisamente, as familias conserven os seus orixinales e se animen a participar”.
Por este motivo, e para enriquecer este arquivo que contribuirá a fixar a memoria histórica, desde o Concello de Nigrán faise un chamamento á cidadanía para que rebusque no seu álbum familiar prestando especial atención a fotos ou vídeos anteriores a 1970 que retraten oficios tradicionais, antigas escolas, festas veciñais, paisaxes xa desaparecidos… Calquera documento que axude a explicar o desenvolvemento económico, cultural e social do municipio. As vías para achegar son a través da propia web no apartado contacto, a través do mail bancodeimaxesmunicipaldenigran
«Sabemos que nos fallados e maletas de cada casa hai fotos que son auténticos tesouros que se están a perder e aos que non se lles dá importancia, e este proxecto nace precisamente para eso, para que non queden alí esquecidas, para que todos podamos compartir, fixar e aprender desas marabillosas testemuña da nosa Historia recente”, explica María Villar, responsable de prensa do Concello e deste proxecto sen data de finalización “porque irá medrando infinitamente con todo aquelo que se vaia recompilando”.