QR para ver en STREAMING: XVI Baixada de Carrilanas de Camos

Data de inicio 14/09/2024
Data de fin 14/09/2024

UN TOTAL DE 66 ‘AUTOS TOLOS’ PROTAGONIZARÁN ESTE SÁBADO

A POPULAR BAIXADA DE CARROS DE BOLAS DE CAMOS

O evento está organizado este ano entre o Concello de Nigrán e a Asociación Cultural A Camoesa, que disporá de 35 voluntarios

A proba terá lugar durante toda a mañá en sucesivas mangas. Sairán do Torreiro de San Roque para desviarse pola rúa Xuncido e afrontar un maior desnivel e unha rasante natural cunha curva na meta de 90 grados, acadándose velocidades superiores aos 100 km/hora

Por vez primeira, habilitaranse aparcadoiros en San Roque, retransmitirase en streaming e haberá un comentarista

Nigrán, 11/09/24.- Un total de 66 ‘autos tolos‘ dirixidos por 97 intrépidos pilotos de entre 6 e 75 anos deixarán imáxenes delirantes este sábado 14 de setembro na parroquia de Camos na ‘XVI Baixada de Carrilanas’, unha das probas con máis tradición en Galicia que nesta ocasión organiza o Concello de Nigrán xunto á Asociación Cultural ‘A Camoesa’. O espectáculo, que por vez primeira se retransmitirá en streaming e disporá de comentarista, comezará cunha primeira baixada de adestramento ás 9:45 horas no seu percorrido habitual pola rúa San Roque e Xuncido e, xa a continuación, terá lugar a competición oficial con sendas mangas cronometradas (10:45 e 11:45 horas aproximadamente). O mellor tempo acadado por cada vólido será o que conte para confeccionar os resultados finais dunha clasificación que se divide en modalidade individual e colectiva repartida a súa vez en dúas categorías, os de rodamentos tradicionais de bolas (hai preto de 20 inscritos) e os non tradicionais (modalidade de neumáticos, skeleton, triciclo, longboard). A maiores, o xurado premiará ao carro máis currado, o máis divertido, o máis chapuzas e ao participante de menor idade.

Como xa é habitual, o percorrido comeza no Torreiro de San Roque e sigue por esta rúa ata afrontar un xiro brusco á esquerda na rúa Xuncido (barrio de Balinfra) e afrontar un maior desnivel, unha gran rasante, e unha curva final de 90 grados case na propia meta. En total, trátase de 1 km de lonxitude cun desnivel do 80%, o que fará que os autos ‘voen’ a case 110 km/hora e, no caso dos máis artesanais, a 80 km/hora.

Percorremos todas as probas que se organizan na provincia para organizalo á perfección e, por ese motivo, sabemos que ímos contar con vehículos moi chamativos, asi que a espectacularidade da proba está garantida”, sinalan desde a Asociación Cultural A Camoesa, que disporá de 35 voluntarios para que todo se desenvolva con absoluta seguridade. Ademaís, como novidade, habilitaranse sedos aparcadoiros gratuítos na saída, un para participantes e outro para público en xeral, e haberá 4 cantinas ao longo do trazado onde por cada consumición o público entrará nun sorteo de produtos doados polo comercio local.

«Como é o caso do ‘Flota como Poidas’ na Foz do Miñor, a baixada de carros de bolas de Camos é un evento moi divertido pola orixinalidade dos artefactos que participan e ao, mesmo tempo, tamén é moi espectacular polas velocidades que acadan e o propio trazado», explica o alcalde, Juan González, quen anima a acudir.

Esta proba de carrilanas en Camos foi realizada por vez primeira no 1985, sendo a máis antiga de Galicia da que se teña coñecemento. As carrilanas forman parte da tradición popular de Camos, sendo un dos “xoguetes artesanais” máis apreciados pola rapazada da parroquia.

 

Torreiro de San Roque, Nigrán, España