Presentación do libro de Carlos Méixome: ‘Catas na Memoria. A persecución franquista no Val de Miñor’

Data de inicio 11/06/2021
Data de fin 29/03/2024

O AUDITORIO MUNICIPAL DE NIGRÁN ACOLLE ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO LIBRO DE CARLOS MÉIXOME: ‘CATAS NA MEMORIA. A PERSECUCIÓN FRANQUISTA NO VAL DE MIÑOR’

O autor presentará o seu último traballo acompañado do alcalde de Nigrán como historiador especialista na Guerra Civil, o músico e siquiatra Antón Seoane e a catedrática de Xeografía e Historia Rosa Pascual

Nigrán, 07/06/21.- O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este venres ás 20:00 horas a presentación do último libro de Carlos Méixome ‘Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor’ (Edicións Laiovento). O autor estará acompañado polo alcalde de Nigrán como historiador especialista na Guerra Civil, o músico e siquiatra Antón Seoane e a catedrática de Xeografía e Historia Rosa Pascual, todos veciños do municipio. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias.

«Durante anos, a memoria, como un fío de Ariadna, andou a turrar de min. Xurdindo en intranscendentes conversas de boa veciñanza, nas lecturas de libros de amigos ou entre saloucos agoniados polo fogar ausente, profundando a sensación de inxustiza que comete un estado autoproclamado democrático coa cidadanía perseguida por un réxime que concentrou e expandiu todas as perversións do século pasado. Agora, co pouso do tempo, refago, reelaboro escritos sobre a persecución franquista no Val de Miñor esbozados en momentos de intensa actividade memorialista, consciente de que o labor non só non está esgotado, senón que a memoria aínda non virou en historia», explica o autor.

Carlos Méixome

Aínda que dezán de nacenza (Lalín, 1954), sendo un cativo levárono para O Carballiño. O oficio profesoral, impartindo Xeografía e Historia, levouno a asentarse en Vigo e despois no Val de Miñor. Estudou Filosofía e Ciencias de Educación en Compostela. Participou, dende novo, no activismo político e cultural nacionalista. Foi colaborador do Instituto Galego de Estudos Internacionais (IGADI) publicando traballos sobre a ex Iugoeslavia, Cuba, ou Rusia… En 1999 participou na fundación do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) do que foi o seu director ata 2015. Ten publicado sobre cuestións de historia contemporánea. Dende 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro.

Dende 2005 ten desenvolvido unha ampla actividade memorialista arredor da persecución franquista no Val de Miñor e unha serie de investigacións sobre a mesma en toda a área sur da provincia de Pontevedra. É autor de varias obras entre as que destacan: ‘Textos e documentos para a Historia contemporánea de Galicia’; ‘Castelao. Unha historia do nacionalismo galego’ ou ‘Daquí ou dacolá’.

WordPress › Error

Ha habido un error crítico en esta web.

Aprende más sobre el diagnóstico de WordPress.

Click to listen highlighted text!