Presentación do libro ‘Árbore arriba. Memoria das orixes’, de Xosé María Álvarez Cáccamo

Data de inicio 8/05/2026
Data de fin 8/05/2026

O CONCELLO DE NIGRÁN PRESENTA ESTE VENRES NA BIBLIOTECA O LIBRO ‘ÁRBORE ARRIBA. MEMORIA DAS ORIXES’, DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO

Nigrán 04/05/26.- O Concello de Nigrán presenta este venres 8 de maio ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal o libro ‘Árbore arriba. Memoria das orixes’, de Xosé María (Pepe) Álvarez Cáccamo, na Biblioteca Municipal de Nigrán. Editado por Alvarellos, é o título da nova obra do poeta, narrador e ensaísta, Pepe Cáccamo. Con esta obra completa e talvez culmina un proxecto moi persoal do autor: a narración da súa memoria familiar, un dos eixes da súa creación literaria. Polo tronco principal da súa estirpe ascende o autor ata as pólas dos seus oito bisavós e bisavoas e, de xeración en xeración, vai tecendo o relato das singulares peripecias vitais dos devanceiros apelidados Cáccamo, Ambrosino, Frieben, Zimmmermann, Blázquez, Ballester, Álvarez e Limeses, a carón das fotografías que os identifican. O acto está presentado polo alcalde, Juan González, e o historiador Carlos Méixome.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42