Observación ornitolóxica

Data de inicio 1/02/2026
Data de fin 1/02/2026

O CONCELLO DE NIGRÁN CELEBRA O DOMINGO O DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS CUNHA OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA NA FOZ

Os interesados deben presentarse ás 10:00 no escenario ao aire libre da Foz, onde o Nigranjazz

O Concello de Nigrán, con motivo do Día Mundial dos Humidais, ofrece este domingo 1 de febreiro ás 10:00 horas un roteiro ornitolóxico pola marisma da Ramallosa para descubrir in-situ algunhas das especies de aves presentes en varias marquesiñas de autobús de Nigrán dentro da iniciativa ‘Arte nas Paradas’. Desta forma, e coa axuda do ornitólogo Diego Rodríguez Vieites, identificarase á píllara das dunas, o ostraceiro, o virapedras, o negrón común, o colimbo chico, o correlimos tridáctilo, o corvo mariño grande, a gaivota patiamarela, a garza real, o martín pescador, o bisbita común e o charrán. Recoméndase levar prismáticos. O punto de encontro é o escenario ao aire libre da Foz (onde se celebra o Nigránjazz) ás 10:00 horas sen necesidade de inscrición previa.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42