Concerto Orquestra de Cordas de Nigrán

Data de inicio 27/06/2026
Data de fin 27/06/2026

O CONCELLO OFRECE ESTE SÁBADO NO AUDITORIO UN CONCERTO DA ‘ORQUESTRA DE CORDAS DE NIGRÁN’

Está integrada por 23 persoas de diferentes idades formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán e discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ser o fundador do prestixioso “Sistema Nacional de Orquestras Infantís e Xuvenís de Venezuela”.

Nigrán, 18.06.26.- O Concello de Nigrán ofrece este sábado 20 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da ‘Orquestra de Cordas de Nigrán’ con entrada de balde ata completar aforo. A formación está integrada por 23 persoas de diferentes idades formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán e discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ser o fundador do prestixioso “Sistema Nacional de Orquestras Infantís e Xuvenís de Venezuela”. A orquestra, formada por violíns, violas e violonchelos tocará desde temas de Bach, Haendel, Shostakovich a música tradicional irlandesa, o famoso tango de Carlos Gardel ‘Por una cabeza’ ou a canción de Coldplay ‘Clocks’.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42