Concerto operístico de Dania Diva

Data de inicio 30/11/2025
Data de fin 30/11/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO UN CONCERTO OPERÍSTICO A CARGO DE DANIA DIVA

A soprano cubana presenta o concerto ‘Ruta lírica por los patrimonios culturales’ coas pianistas Alicia Cerrada e Xiara

Nigrán, 26/11/25.- O Concello de Nigrán ofrece este domingo 30 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal un concerto operístico a cargo de Dania Diva titulado ‘Ruta lírica por los patrimonios culturales’ con Alicia Cerrada e Xiara ao piano (esta última tamén en colaboracións de voz). A cantante cubana interpreta pezas do repertorio clásico e popular homenaxeando a diversos compositores entre América, África e Europa, defendendo o poder da música para crear a harmonía, unión e mestizaxe de culturas. Dania Diva dará voz a pezas de Händel, Schubert, Puccini, Rossini, unha popular milonga ou unha copla. 


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42