Concerto Cherry Sweet
O Concello de Nigrán arranca a programación cultural de Nadal co concerto de Cherry Sweet ás 19:00 horas no Auditorio Municipal xa co novo aforo permitido polas autoridades sanitarias (90 persoas máximo). Cherry Sweet felicitará as festas co máis elegante e glamuroso Swing ao estilo dos anos 50. Contrabaixo, batería, guitarra e as voces harmonizadas das súas tres cantantes, propias dos arranxos do estilo, farán un percorrido por algunha das máis famosas melodías de Nadal: Santa Claus is coming to town, Gingle bells rock, All I want for Christmas is you, White Christmas e outros clásicos son parte da súa proposta para levar moita alegría e swing ao público.