O CONCELLO DE NIGRÁN CONTRATA A 15 TRABALLADORES A TRAVÉS DO ‘PLAN MÁIS PROVINCIA 2026’
Nigrán, 18/03/26.- O Concello de Nigrán incorporará a 15 novos traballadores ao abeiro do programa de activación do emprego do Plan Máis Provincia 2026 da Deputación de Pontevedra (Liña 3) para a contratación de persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
En concreto, esta axuda concedida de 222.502,79 € permitirá contratar a 12 peóns forestais e un técnico de biblioteca a xornada completa durante 9 meses e 2 auxiliares de turismo a xornada completa durante 5 meses.
O obxectivo principal destas incorporacións é garantir o correcto funcionamento de bens públicos, a conservación de espazos naturais e potenciar a atención de interese social no Concello.


