
O CONCELLO DE NIGRÁN CONMEMORA ESTE MÉRCORES O CENTENARIO DO TRANVÍA CUNHA CONFERENCIA A CARGO DA HISTORIADORA MARÍA ÁLVAREZ-BLÁZQUEZ
A liña que conectou a urbe olívica co Val Miñor a través da Ramallosa inaugurouse en setembro de 1926 transformando por completo a comarca
A programación por este fito histórico incluirá máis actividades de aquí a finais de ano grazas as asociacións ‘Enganchados do pescante. Memoria dos tranvías de Vigo’, Resiliencia e o experto Ismael Pérez-Izaguirre.
Nigrán, 26.10.26.- O Concello de Nigrán estrea este mércores 28 de outubro no Auditorio Municipal a programación para conmemorar o centenario da liña do tranvía que uníu Vigo e a comarca a través da Ramallosa desde setembro de 1926 a finais de 1968. Como punto de partida, a historiadora María Álvarez-Blázquez ofrecerá a conferencia ‘A transformación do Val Miñor coa chegada do ferrocarril eléctrico’ ás 19:30 horas con entrada de balde ata completar aforo.
As actividades ao respecto continúan o xoves 12 de novembro ás 19:00 horas coa proxección no Cine Municipal da Ramallosa de ‘Tranvía a la Malvarrosa’ e o 25 de novembro no Auditorio Municipal coa proxección de curtas e documentais sobre o ‘noso’ tranvía. Pola súa banda, o 2 de decembro levarase a cabo unha conversa para analizar a mobilidade actual e os seus desafíos. Finalmente, desde Nada a finais de Xaneiro unha exposición no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación). Toda a programación foi deseñada grazas as asociacións ‘Enganchados do pescante. Memoria dos tranvías de Vigo’, Resiliencia e o experto Ismael Pérez-Izaguirre.
«Máis alá da súa función como medio de transporte, o tranvía forma parte da memoria colectiva do Val Miñor e constitúe un elemento de elevado valor patrimonial e identitario para Nigrán. A Ramallosa era o núcleo neurálxico desta liña e onde se ubicaban as cocheiras, e podemos dicir con orgullo que somos o único municipio que mantén viva a antiga estación a través de diferentes usos», considera o alcalde, Juan González, quen incide na aposta persoal como historiador de preservar a memoria da localidade, aspecto ao que se vincula esta iniciativa ou o Arquivo Histórico Audiovisual online, as xornadas de recuperación da memoria histórica ou conmeracións de todo tipo como a revolucións dos caraveis…


