
Dentro dun mes, o Concello de Nigrán volve a por ‘Cinema a Pedal’ en marcha. E esta vez, con algo moi especial: por vez primeira, teremos sección competitiva ![]()
![]()
![]()
Será unha selección de curtametraxes e longametraxes chegará á pantalla para ser valorada por un xurado e, tamén, polo público. Porque nesta edición haberá Premios do Público, tamén na sección de curtas infantís 
Na sala, as bicicletas xa non xerarán a enerxía das proxeccións, pero seguirán sendo o fío condutor dun festival que as reivindica como o mellor medio de transporte para desprazamentos curtos, como símbolo de gozo e liberdade, e como forma de entender o mundo 
Do 16 ao 20 de setembro
Cines Municipais da Ramallosa · Centro Comercial Siglo XXI
Entrada libre até completar capacidade


