CIRCO ARENA EN PRAIA AMÉRICA

O CONCELLO DE NIGRÁN ACOLLE AO ‘CIRCO ARENA’ EN PRAIA AMÉRICA ATA O 5 DE SETEMBRO

Ofrecen función todos os días ás 20:30 horas agás domingo e luns por descanso da compañía

Nigrán, 12.08.26.- O Concello de Nigrán acolle ata o 5 de setembro o ‘Circo Arena’ no campo de fútbol de Lourido co novo espectáculo ‘Onde ocorre a maxia’. A compañía ofrece función todos os días ás 20:30 horas agás domingo e luns por descanso, estando as entradas á venda a través de ticketrona o desde una hora antes da función en taquilla. Neste show os artistas ofrecen acrobacias, maxia, ilusionismo e malabarismo combinado coa presenza dos divertidos pallasos. O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación Estela Pérez acudiron onte ata a gran carpa para saudar a todos os integrantes do ‘Circo Arena’.