Resolución concurso de carteis ‘Quin Alborés-Nigranjazz 2026’

II ACTA CONCURSO DE CARTEIS ‘QUIN ALBORÉS’ – NIGRANJAZZ 2026

Nigrán, 28 de maio de 2026

O Xurado do ‘Concurso de Carteis Quin Alborés-Nigranjazz 2026’, despois de ter anunciado públicamente o gañador do certame desta edición ao pendurar o 21.05.26 na web municipal tanto a acta de resolución como a proposta elixida, foi informado mediante un mail particular o luns 25.05.26 de que existía un cartel de 2016 do Festival de Jazz Costa Brava Palafrugell do ano 2016 con parecidos sorprendentes.

Ante esta esta situación, o Xurado reúnese telemáticamente o mesmo 25.05.26 ás 10:00 horas e examina ambos carteis chegando á conclusión unánime e indubidable de que a proposta gañadora ‘Son gravado nas pedras’, de Beñat Soliño Portugal, é un claro caso de plaxio parcial, constituíndo unha violación indubidable dos dereitos de autor e supondo unha descalificación inmediata, tal e como advirten as propias bases do certame no apartado das ‘Funcións do xurado’, onde tamén se indica que o Concello pode tomar accións legais ao respecto.

Igualmente, o Xurado comunica mediante mail ese mesmo 25.05.26 a decisión tomada e Beñat Soliño Portugal responde en 11 minutos dando unha longa explicación na que alega “que no existe plagio sino una propuesta original y conceptualmente independiente” e enumera todas as diferencias existentes entre ambos carteis solicitando unha revisión da decisión tomada.

O Xurado deste certame reitera claramente a existencia dun plaxio parcial da obra, onde se toman elementos e conceptos do cartel do festival de Palafrugell de 2016 que non se poden atribuir nin á inspiración nin á casualidade e que, polo tanto, viola os dereitos de autor e prexudica ao propio concurso de carteis, reservándose por este motivo o dereito de tomar accións legais.

Tras esta descalificación, o Xurado, nunha segundo reunión telemática o 25.05.26 ás 12:00 horas toma a decisión unánime de nomear gañadora do Concurso de Carteis Quin Alborés-Nigránjazz 2026 a quen resultara Mención Especial, Ana María Varela Ramos, coa proposta ‘Jazz en flor’, da que o Xurado xa destacara na acta do 21.05.26 que era “unha proposta gráfica igual de excelente’ e que quedara en segunda posición tras ‘Son Gravado das pedras’.

Asinan o acta os 6 membros do xurado:

Juan A. González Pérez- Alcalde e Presidente do Xurado

Felipe Villar Andrade – Secretario e director do Nigranjazz

Olalla Fernández Álvarez – Vogal. Deseñadora gráfica

Álvaro Fernández Alborés – Vogal. Irmá de Quin Alborés

Natalia Gomes Iglesias – Vogal. Deseñadora gráfica

María Villar Andrade – Vogal, responsable de Comunicación do Concello de Nigrán

DESCARGAR ACTA

VER ‘SON DAS PEDRAS’ (PROPOSTA DESCALIFICADA)

VER CARTEL DO FESTIVAL DE JAZZ DE PALAFRUGELL 2016

NOVA PROPOSTA GAÑADORA- ‘JAZZ EN FLOR’

ACTA CONCURSO DE CARTEIS ‘QUIN ALBORÉS’ – NIGRANJAZZ 2026

Nigrán, 18 de maio de 2026

Recibidas 72 propostas de imaxe en tempo e forma para participar no concurso de carteis do Concello de Nigrán ‘Quin Alborés’ dotado con 700 € e que representará a imaxe do XX Nigranjazz, os seis membros do xurado reúnense no Centro Social de Vilameán o luns 18 de maio de 2026 sendo ás 10:00 horas para valorar e seleccionar ao gañador tendo en conta a calidade artística, o impacto visual, a vinculación coa estética do jazz e a lexibilidade dos carteis presentados.

Tras unha longa deliberación nunha primeira votación sobresaen en puntuación 5 propostas baixo os lemas:

– Kasilda

– Jazz en flor

– Contrapeixe

– Son gravado nas pedras

– Abstracción jazz

Tras unha segunda deliberación sobre estes finalistas e outra rolda de votacións o xurado selecciona dúas propostas totalmente antagónicas: ‘Jazz en flor’ e ‘Son gravado nas pedras’.

O xurado realiza unha nova análise e nunha terceira rolda de votacións finalmente resulta GAÑADOR DO CERTAME QUIN ALBORÉS-NIGRANJAZZ 2026SON GRAVADO NAS PEDRAS’ baixo a autoría de BEÑAT SOLIÑO PORTUGAL.

Igualmente, o xurado desexa facer unha MENCIÓN ESPECIAL a ‘Jazz en flor’, de Ana María Varela Ramos, por considerar que a proposta gráfica resulta igual de excelente.

O xurado destaca do gañador a ruptura absoluta cos estilos de edicións anteriores, a súa aparente sinxeleza fronte a complexidade de ideas que condensa e, en definitiva, a iconicidade que supón esta imaxe para unha 20 edición do festival, aniversario senlleiro e que, polo tanto, contribuirá a que visualmente sexa facilmente identificable. Esta apreciación é a que fai que o xurado elixa este cartel como gañador fronte a ‘Jazz en flor’, proposta moi fermosa e graficamente impecable pero menos icónica e máis axeitada para un festival como ‘Primavera de Jazz’, que tamén organiza o Concello de Nigrán.

O xurado valora como esa aparente sinxeleza do gañador evoca a idade do festival (vinte aniversario) ao empregar o tronco dunha árbore, elemento natural que sobresae nas vistas da contorna do recinto. Eses mesmos círculos concéntricos remiten a dous discos de vinilo, soporte por antonomasia da Historia do jazz, e mesmo as ondas sonoras da música, mentres que un mastro que os atravesa debuxa unha guitarra, instrumento tamén clásico deste xénero musical. Finalmente, os círculos concéntricos subliñan un patrimonio arqueolóxico moi presente no municipio: os petroglifos. A unión de todos estes conceptos nunha icona inconfundible e lonxe de estereotipos falan tamén da propia transversalidade do jazz, polo que a proposta se erixe como a máis axeitada para este 20 aniversario.

Por todo o mencionado, o Xurado considera que ‘Son gravado nas pedras’ é a mellor proposta para promover o Nigranjazz 2026 e, ao mesmo tempo, a súa ruptura gráfica outorga un novo pulo a este certame.

Asinan o acta os 6 membros do xurado:

Juan A. González Pérez- Alcalde e Presidente do Xurado

Felipe Villar Andrade – Secretario e director do Nigranjazz

Olalla Fernández Álvarez – Vogal. Deseñadora gráfica

Álvaro Fernández Alborés – Vogal. Irmá de Quin Alborés

Natalia Gomes Iglesias – Vogal. Deseñadora gráfica

María Villar Andrade – Vogal, responsable de Comunicación do Concello de Nigrán

DESCARGAR ACTA

CARTAZ GAÑADOR

MENCIÓN ESPECIAL