BUSCAMOS

 

 

O CONCELLO DE NIGRÁN AFONDARÁ NO SEU MES DA MEMORIA
NA FIGURA SEBASTIÁN PENA, MESTRE REPUBLICANO DE PARADA E SAN PEDRO

Concello busca identificar aos alumnos protagonistas dunha fotografía de aula do ano 1925 na parroquia de Parada na que se le nunha pizarra ‘Una buena educación es un tesoro’

Foi o prototipo de mestra da República, comprometido cos seus valores e vinculado ao agrarismo máis próximo ao ideario galeguista, sen embargo, o seu apelido ‘Pena‘ fixo que a transmisión oral mesturase erroneamente a súa figura coa do gran represor da comarca, o cabo Pena

«Desde o Concello de Nigrán restauramos a figura do mestre nacional asasinado o 12 de setembro nas Angustias, José Vázquez Grela, e agora o queremos facer con Penao seu amigo, quen sufríu unha dura represión, e queremos que a súas dúas fillas sexan testigo directa desta emenda«, explica o alcalde Juan González, historiador experto na Guerra Civil

Nigrán, 12/09/25.- O Concello de Nigrán busca resarcir no seu ‘Mes da Memoria’ a figura de Sebastián Pena López (1885-1971)prototipo de mestre da República que exerceu en Parada e Vilariño cuxa coincidencia de apelidos fai que se vincule erróneamente co gran represor da comarca, o cabo PenaO obxectivo é zanxar para sempre con esta falsidade histórica e devolverlle todo o recoñecemento público que merece quen foi unha persoa moi comprometida coa vida social e cultural da comarca. Por iso, desde este mesmo momento, o Concello de Nigrán fai un chamamento público á veciñanza para identificar con nome e apelidos ao alumnado protagonista con el dunha fotografía de aula do 3 de novembro de 1925 na parroquia de Parada na que, á esquerda do grupo, destaca unha pizarra co escrito: ‘Una buena educación es un tesoro’. Con este obxectivo de busca, o rexedor posou este mediodía coa imaxe no mesmo lugar desa fotografía xunto ao seu neto Juan Sebastián Sánchez Pena e os ediles de Cultura e de Educación.

«Desde o Concello de Nigrán restauramos a figura do mestre nacional asasinado o 12 de setembro de 1936 nas Angustias, José Vázquez Grela, e agora o queremos facer con Penao seu amigo, quen sufríu unha dura represión, e queremos que a dúas fillaque siguen vivas sexan testigo directa desta emenda«, explica o alcalde, Juan González, historiador experto na Guerra Civil quen, como alcalde, no 2018, adicou un parque público a Grela despois de divulgar a súa figura en diversas xornadas ou dignificando a súa lápida nun acto público no cemiterio. Así, o obxectivo é converter a Sebastián Pena en protagonista do ‘Mes da Memoria’ deste ano (celébrase cada outubro, coincidindo co mes no que se produxeron os tráxicos asasinatos de ‘A volta dos 9’). Para elo, o Concello conta con Carlos Méixome, historiador fundador do IEM que ten divulgado a figura de Pena dentro das súas investigacións sobre a persecución franquista na comarca.

“Dende a proclamación da República amosou o seu compromiso: encabezou, en Vigo, a ‘xunta civil de defensa dos poderes republicanos’ para evitar a parálise dunha administración baixo o control dos monárquicos; presidiu o consello escolar local; dinamizou as ‘misións pedagóxicas’ e desenvolveu unha intensa actividade cultural dende a sociedade agraria de Parada”, sinala Méixome, quen o sitúa inicialmente no emilianismo-lerruxista (moi arraigado na comarca) e posteriormente, desencantado cos radicais, liderando activamente o novo agrarismo arredor da Federación Provincial Agraria, moi próxima ao ideario galeguista.

Sebastián Pena López, natural de Tabeirós (A Estrada) asentouse en Vilariño coa súa muller Virginia Fernández Nuñez, temeu pola súa vida, ao seu irmán, José María, fusilárono. «Sancionárono sen emprego e soldo e, cando lle devolveron a escola, afastárono da casa familiar durante seis anos; mandárono a Pontecesures”, engade Méixome, quen no seu libro ‘Catas na memoria’ indica que aínda que cando foi o golpe de estado xa non exercía en Parada (estaba no barrio vigués de Casablanca) foi investigado polo tempo que exerceu en Parada, emitindo o presidente da xestora nigranesa un informe de conduta favorable solicitado polo comandante militar de Baiona o 13 de setembro de 1936.

“A coincidencia do seu apelido co do ‘Cabo Pena’, o gran represor da comarca, provocou unha confusión na trasmisión oral que levou a unha falsidade terrible que desde o propio Concello de Nigrán queremos emendar”, explica o alcalde. “Sen dúbida é un erro non intencionado, resultado tanto da popularidade do mestre, orador nos grandes mitins agrarios e republicanos, como do descoñecemento do escorregadizo cabo Manuel González Pena, prototipo de represor, de asasino. Non hai causa militar aberta contra as xentes de Nigrán e Baiona na que non estea presente·Sebastián Pena López, o mestre republicano de Parada, castigado polos sublevados, nada ten que ver co xefe dos represores no Val de Miñor, Manuel González Pena”, zanxa Méixome.