Concerto de violoncellos ‘Soncello’

Data de inicio 14/07/2025
Data de fin 14/07/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE TRES CONCERTOS CO VIOLONCELLO COMO PROTAGONISTA O LUNS, MARTES E XOVES

A iniciativa encádrase no curso que, un ano máis, desenvolve no CEE de Panxón a Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello.

Nigrán, 12/07/25.- O Concello de Nigrán ofrecerá a vindeira semana tres concertos co violoncello como protagonista (luns 14 na igrexa de San Fiz, martes 15 na igrexa de Santiago de Parada e xoves 17 no Auditorio Municipal; todos ás 21:00 horas). A iniciativa encádrase na VI edición do Curso Verán Soncello que, un ano máis, desenvolve no CEE de Panxón a Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello.

O alumnado inscrito ven de toda a comunidade e terá ao longo dos días do curso clases individuais e colectivas de violoncello, ensaios con piano, ensaios de orquestra de violoncellos e obradoiros relacionados co instrumento. Durante os días do curso, serán estes concertos a cargo do profesorado e alumnado. Todos serán ás 21:00 horas, e a entrada é libre segundo o aforo das instalacións:

Luns 14, Igrexa de San Fiz: Carolina Landriscini, violoncello só

Martes 15, Igrexa de Santiago de Parada: Clara Martínez e Isabel Figueroa, (música para violoncello e baixo continuo).

Xoves 17, Auditorio de Nigrán: Alumnado e profesorado do curso.

A Asociación de Violoncellistas de Galicia ‘Soncello’ traballa para dar visibilidade a este instrumento en Galicia, a través de actividades variadas relacionadas co violoncello e a música en xeral, como poden ser concertos, obradoiros, formación, encontros, co espíritu de cercanía e respecto á evolución de cada estudiante e a aposta por unha comunidade musical que crece unida.

O equipo docente desta edición, con ampla traxectoria artística e moita pasión polo ensino, está formado por Carolina Landriscini (Catedrática do Conservatorio Superior de A Coruña e presidenta de Soncello), Clara Martínez Virseda, Conservatorio Profesional de Melide e Escola de Altos Estudios Musicais) e Isabel Figueroa Lorenzo (Conservatorio Profesional de Vigo e Orquestra Vigo 430). Contarán ademáis coa presenza de Brais González (pianista e compositor vigués) e coa cellista invitada deste ano Natalie Haas, referente internacional do cello folk.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42