ACTUALIZACIÓN ENTROIDO: CONCURSO DE COMPARSAS 14 DE MARZO E ENTERRO DO KIKO 15 DE MARZO

ENLACE ÁS BASES

ANUNCIO DE INSCRICIÓN

O CONCELLO DE NIGRÁN CELEBRA O CONCURSO DE COMPARSAS ESTE VENRES E O ENTERRO DO KIKO O DOMINGO

As formacións interesadas que non estaban apuntadas para o desfile previsto o venres pasado (anulado pola choiva) poden anotarse ata este mércores

A Praza da Bilioteca, recén remodelada con moitos máis elementos para a infancia, será o escenario de saída do kiko cara Parada a partir das 17:00 horas

Nigrán 11/02/25.- O Concello de Nigrán celebrará finalmente o seu tradicional concurso de comparsas este venres 14 de marzo tras ter sido anulado a semana pasada pola choiva. O fin dos festexos do entroido terá lugar finalmente este domingo 16 de marzo co enterro do kiko con saída da comitiva fúnebre, como gran novidade, ás 17:00 horas desde a recén remodelada praza da Biblioteca.

O desfile de comparsas mantense como orixinalmente estaba previsto, así, estará presentado pola actriz galega e cómica Arantxa Treus e contará coa animación de rúa a cargo da charanga ‘Los Támega’, protagonista no entroido de Verín, a partir das 20:00 horas e durante a deliberación do Xurado. As formacións interesadas que non estaban apuntadas para o desfile previsto o venres pasado (anulado pola choiva e con 17 formacións inscritas e 715 participantes) poden anotarse ata este mércores (as bases están na Oficina de Atención ao Cidadá do Concello, no taboleiro da sede electónica ou na web municipal www.nigran.es). O Concello mantén o percorrido habitual, con saída ás 21:00 horas por Rosalía de Castro (desde o cruce da rúa Telleira ata o cruce coa estrada do Ceán) sendo a actuación de cada comparsa á altura da Casa Consistorial. Ao remate da última actuación terá lugar a entrega de premios.

O entroido nigranés rematará a tarde do domingo 16 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, como novidade, partirá coa comitiva fúnebre e a comparsa da parroquia ‘Os tribu-Hos’ desde a recén remodelada Praza da Biblioteca Municipal de Nigrán para ser velado e sentenciado no Torreiro de Parada, onde haberá festa durante toda a tarde-noite. “Queremos que o kiko inaugure esta nova praza remodelada precisamente para o encontro da veciñanza, con elementos de xogo infantil, graderío e itinerarios peonís”, explica o alcalde, Juan González. Esta peculiar celebración naceu da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con «kikos» (ata o punto de que é a figura que representa á entidade). Ao longo de preto dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento de referencia no municipio.