HORARIO AMPLIADO DA SALA DE ESTUDO

O CONCELLO DE NIGRÁN AMPLÍA O HORARIO DA SALA DE ESTUDO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O horario de estudo de luns a venres é de 8:00 a 23:00 e as fins de semana de 10:00 a 20:00 horas ata o 22 de decembro e do 7 ao 26 de xaneiro

Nigrán, 02.12.24.- A Biblioteca Municipal de Nigrán disporá ata o 22 de decembro e do 7 ao 26 de xaneiro do horario ampliado da sala de estudo para atender así a demanda dos universitarios en exames, sendo a única do Val Miñor en ofrecer esta facilidade en cada avaliación desde que se estreou a nova infraestrutura en Estrada pola Vía. Así, o horario de estudo neste periodo é de luns a venres é de 8:00 a 23:00 horas e as fins de semana e festivos de 10:00 a 20:00 horas. Este tempo ‘extra’ será exclusivamente para o uso da sala de estudo, non para os demáis servizo de biblioteca, que funciona de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 (o 24 e 31 de decembro pechará).