DESCARGAR DOSSIER DO PARRULAS FEST
O CONCELLO DE NIGRÁN FESTEXA A QUINTA EDICIÓN DO ‘PARRULAS FEST’ CON CLOWN, HUMOR, MAXIA, CIRCO, CONTOS E CANTOS
O festival miudo de Nigrán terá lugar do luns 5 de agosto ao xoves 8 no esteiro de A Foz coa presenza de 9 compañías de diferentes puntos do país e unha gala final de ‘Pallasos sen fronteiras’ adicada a Gaza
‘Estamos moi orgullosos do Parrulas Fest porque está pensado para o máximo disfrute das crianzas, un público moi especial que se entrega en cada actuación e que contaxia a súa alegría aos adultos”, explica o alcalde, Juan González
“Presentamos sempre unha programación moi variada e coidada na que, coma sempre, destacan valores como a igualdade, o coñecemento, a escoita e o humor”, destaca Isaac Rodríguez ‘Peter Punk’, director do Parrulas
Nigrán, XX.07.23.- O Concello de Nigrán réndese do luns 5 de agosto o xoves 8 ao máximo disfrute das crianzas grazas ao ‘Parrulas Fest’, o festival máis agardado pola infancia de toda a comarca e que ten lugar no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz. Nesta quinta edición, a cita contará con 9 das mellores compañías de artes escénicas de todo o país (desde clown, a circo, humor, maxia, contos, música e outras disciplinas), e rematará cunha gala solidaria a prol de Gaza (Palestina) organizada por ‘Pallasos sen fronteiras’ e dirixida por Peter Punk, nome artístico do nigranés Isaac Rodríguez, cabeza máis visible do festival e membro da Cooperativa Galega de Artistas Charlatana encargada do evento. Como xa é habitual, haberá sesións matinais dirixida á primeira infancia (mércores e xoves ás 12:00 horas) e o resto das actuacións serán, coma sempre, ás 19:30 e 20:30 respectivamente. Toda a programación pode consultarse na web do Concello de Nigrán www.nigran.es. O Parrulas Fest organizado desde o Concello de Nigrán conta con financiación da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’.
“‘Estamos moi orgullosos do Parrulas Fest porque está pensado para o máximo disfrute das crianzas, un público moi especial que se entrega en cada actuación e que contaxia a súa alegría aos adultos”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que se trata dunha parte imprescindible na programación de verán do Concello de Nigrán, xa que “cada ano reúne a centos de familias moi fieis que veñen a desfrutar nunha contorna marabillosa de espectáculos de calidade e sempre moi divertidos”.
O festival arranca o luns 5 co Mago Noel (Galicia) presentando ‘Que curioso!’ e despois Sincronacidas (Cataluña/Galicia) coas ‘Ohlimpiadas’ (humor, acrobacias…). Continúa o martes 6 con Pista Catro (Madrid/Galicia) co ‘Autoestopista Intergaláctico’ (clown e transformismo) e Maite Guevara (Euskadi) con ‘¡Qué buen día!’ (clown). O mércores 7 será a primeira sesión adicada á primeira infancia con Marta Ortiz (Cataluña/Galicia) con ‘Tralará’ (contos, cantos e obxectos) e o xoves á mesma hora con Jara Ortiz (Galicia) ‘Lúa triangular. Nada é imposible’ (contacontos musical). A maiores, o mércores pola tarde estarán Cris Collazo (Galicia) coa ‘Vendedora de fume’ (narración, música, clown) e o pallaso Peter Punk con ‘Rutinas clásicas’ (recompilación dos seus mellores espectáculos). Finalmente, o xoves será o turno de Antón Coucheiro (Galicia) con ‘Cigani’ (humor, clown) e a gala posterior de Pallasos sen fronteiras a favor de Gaza presentada por Peter Punk coa presenza de diversos artistas (o fin é que o recadado mediante a ‘gorra solidaria’ dos artistas participantes vai directamente a este fin). Agás ás sesións matinais de primeira infancia (12:00 horas) o resto son ás 19:30 e 20:30 respectivamente e sempre no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz.
“Presentamos sempre unha programación moi variada e coidada na que, como sempre buscamos, destacan valores como a igualdade, o coñecemento, a escoita e o humor. Ao mesmo tempo favorecemos a socialización con familias e amizades e sementamos nos cativos o amor pola cultura e a lingua galega. Neste ano, ademais, centrámonos de xeito especial coa infancia de Gaza na gala solidaria, como non podería ser doutra maneria”, destaca Isaac Rodríguez, quen ten como obxectivo “situar a Nigrán no mapa dos festivais de artes escénicas en Galicia”.



