Atlantica Beach Party

Data de inicio 18/07/2024
Data de fin 18/07/2024

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE XOVES O FESTIVAL GRATUÍTO ‘ATLANTICA BEACH PARTY’ EN PRAIA AMÉRICA

Os mellores DJ nacionais pincharán desde as 19:00 horas no aparcadoiro na que promete ser unha das grandes citas do verán nigranés

Nigrán, 17.07.24.- O Concello de Nigrán ofrece este xoves desde as 19:00 horas en Praia América (zona do aparcadoiro) o festival gratuíto ‘Atlantica Beach Party’, un evento no que se darán cita os mellores DJ nacionais e que se estrea na programación municipal de verán. Entre os cabezas de cartel destaca Barce, habitual nas salas de todo o país; Dj Tank (chegado directamente desde China e nunha das súas escasas citas en Europa), e outros reputados Dj como Groove Amigos, Dumore, Vince Stone, Ángel Vázquez ou Dmirón. Neste enclave espectacular haberá espazo para food-trucks.

«Será unha das citas máis potentes de DJ no sur de Galicia e con ela damos cabida a un tipo de público e de idade ao que xeralmente non se lles presta tanta atención nas programacións socioculturais», explica o alcalde, Juan González, quen agarda unha asistencia multitudinaria a este festival consagrado á música electrónica e urbana.

Av. Praia America, 18, 36340 Nigrán, Pontevedra, España