
Certame Vídeo – Literario “Ollo con Nigrán» 2026
Dende o Concello de Nigrá,Teatro do Ar e a cooperativa SomosTerra lánzase unha nova edición do Certame Vídeo-Literario Ollo con Nigrán:
O certame consta de tres categorías:
Categoría Estelas: Nenos, nenas, mozos e mozas de Nigrán nadas no ano 2011 ou posteriores
Categoría Lourido : Mozos e mozas de Nigrán nadas entre o ano 1996 e 2010
Categoría Monteferro: Persoas nadas antes do ano do 1996
Haberá 1.500 euros en premios a repartir entre os tres primeiros clasificados de cada categoría. Todos eles para gastar no comercio local que se inscriba no certame.
A inscrición pode facerse online ata o 23 de marzo ás 23:00 horas desde este enlace. Os propietarios dalgún comercio de Nigrán que desexe participar achegando premios pode inscribirse aquí

