O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO O CONCERTO DO GRUPO DE SAXOFÓNS MALLORQUÍN ‘LÍTORE QUARTET’
Entre o seu repertorio estarán pezas de Eduardo Soutullo ou Eugene Bozza, destacando a estrea absoluta en Galicia dun tema da compositora extremeña María José Fontán
Nigrán, 09.11.22.– O Concello de Nigrán ofrece este domingo 13 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do grupo de saxofóns mallorquín ‘Litore Quartet’. Este se encadra no ciclo de ‘Novos Intérpretes’. A entrada é de balde ata completarse o aforo. O cuarteto tocará pezas de Eduardo Soutullo, Jerónimo Gordillo, Fernande Decrcuck, A.Desenclos, Eugene Bozza e, con especial atención a estrea absoluta en Galicia dunha peza da compositora extremeña María José Fontán.
Lítore Quartet céntrase no estudo e a difusión do repertorio para cuarteto de saxofóns. O seu afán principal é apoiar as obras de compositores actuais, así como seguir ampliando o repertorio para a formación. Entre os seus galardóns destaca o terceiro premio no concurso King’s Peak International Music Competition (EEUU, 2021), o primeiro premio no Concurso de Música de Cámara Ciudad de Ávila (Ávila, 2021), o primeiro premio no XXIV Pòdiums de Música de Cambra (Sant Joan de Vilatorrada, 2021), o segundo premio e o premio á mellor interpretación de música de compositor español no Certame Internacional para Novos Intérpretes Pedro Bote (Villafranca de los Barros, 2021), o primeiro premio no Concurso de Música de Cámara do CSMIB (Palma, 2022), o Premio Rookie Chamber Music (Madrid, 2022), o primeiro premio no Certame per a Joves Intèrprets Art Jove 2022 (Mallorca, 2022) ou o primeiro premio no Concurso Internacional de Música de Cámara de Arnuero (Arnuero, 2022).
Tamén participa en numerosos festivais como son Concerts a l’horitzó 2020 (Palma, Illas Baleares), o III Festival Internacional de Música de Cambra de Mallorca (Mallorca, Illas Baleares), o Cicle de Música á Cambra Can Balaguer 2020 (Palma, Illas Baleares) e SineuSax 2020 (Sineu, Mallorca). Ademais colaborou con institucións como Celler Tianna Negre (Binissalem, 2020) ou a Fundació Pilar i Joan Miró (Palma, 2020).
PROGRAMA NIGRÁN 13/10/2022
Eduardo Soutullo (1968) / Sax Quartet (2022)*
María José Fontán / June (2022)*
Jerónimo Gordillo / Cuarteto para Saxofones
I. Inicio
II. Canción
III. Rondó
Fernande Decrcuck (1896-1954) / Saxophonie (1934)
A. Desenclos (1912-1971) / Quatour (1964)
I. Allegro
II. Andante
III. Poco largo ma risoluto
Eugène Bozza (1905-1991) / Andante et Scherzo (1938)
I. Andante
II. Scherzo
*Estrea absoluta en Galicia / encargo para Lítore Quartet.