INSCRICIÓN AO ‘FLOTA COMO POIDAS 2022’

REALIZAR INSCRICIÓN AQUÍ

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO «FLOTA COMO POIDAS» DO DOMINGO 14 DE AGOSTO

Os interesados deben anotarse nun formulario web en www.nigran.es ata o 12 de agosto

Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e agasallos sorpresa

O evento, cancelado os dous anos pasados por mor da Covid-19, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobello’

Nigrán, 11/07/22.- O Concello de Nigrán abre ata o 12 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de «artefactos flotantes» chamada «Flota Como Poidas», que terá lugar o domingo 14 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados deben anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 17.00 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa. O evento, cancelado os dous anos pasados por mor da Covid-19, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobelo’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. O Concello premiará o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao «Titanic» da edición.