
O CONCELLO DE NIGRÁN INCLÚE NA PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO CINE, BINGO SOCIAL E BAILE
Como todos os anos, os actos centráis serán o desfile de comparsas do 20 de febreiro e o enterro do kiko do 28, que pon fin ás celebracións
‘La máscara’ abrirá este sábado as sesións de cine familiar
Nigrán, 03.02.26.- O Concello de Nigrán engade a súa clásica programación de entroido a proxección de películas os días 7, 12, e 21 de febreiro o dispor este ano dos Cines Municipais da Ramallosa. Igualmente, o eixo vertebrador do carnaval nigranés manterase co tradicional concurso de comparsas do venres 20 de febreiro ás 21:00 horas e co enterro do kiko de Parada a tarde-noite do sábado 28. Entremedias non faltará o baile (sábado 14 de febreiro), bingo social (domingo 15), festa de entroido infantil (martes 17) e a habitual excursión á festa do lacón en Cuntis (domingo 22 mediante inscrición previa).
“Unha programación para todos os gustos e todos os públicos que se enriquece grazas ao Cine Municipal da Ramallosa”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca que o sábado 7 ás 18:00 horas proxectarase ‘La máscara’, o xoves 12 ás 19:00 horas ‘+ Cuñados’ e o sábado 21 ‘Río’, todas películas vinculadas dun xeito ou outro co carnaval ou o mundo do disfraz. Como en todas as anteriores sesións familiares dos sábados, a entrada é mediante retirada de invitación a partir das 17:00 horas na propia taquilla do cine e ata esgotarse o aforo.


