Programas supramunicipais de fomento de emprego
Talleres de emprego
Estes programas que combinan formación e emprego durante 9 meses a través da convocatoria anual da Xunta de Galicia, supoñen unha das liñas de maior interese para este concello. Por iso, optimizando os recursos públicos de toda a comarca, hai xa uns anos que Nigrán, Baiona e Gondomar presentan de forma conxunta os proxectos subvencionables.
As especialidades formativas están sempre pensadas para conseguir unha rápida incorporación ao mercado laboral unha vez que o alumnado termine con éxito o programa e obteña o seu correspondente certificado de profesionalidade.
A selección tanto do persoal docente como do alumnado faise de forma conxunta entre as administracións locais e autonómicas, a partir da lista de persoas candidatas que elabora a Oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona entre todas aquelas que cumpren o perfil e figuran correctamente inscritas.
Talleres de emprego de garantía xuvenil
Cun contido similar ao caso anterior, pero especificamente dirixido a persoas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a duración do programa é de 6 meses neste caso.
Tamén aquí, os concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar presentan de forma conxunta os proxectos subvencionables.
As especialidades formativas están sempre pensadas para conseguir unha rápida incorporación ao mercado laboral unha vez que o alumnado termine con éxito o programa e obteña o seu correspondente certificado de profesionalidade.
A selección tanto do persoal docente como do alumnado faise de forma conxunta entre as administracións locais e autonómicas, a partir da lista de persoas candidatas que elabora a Oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona entre todas aquelas que cumpren o perfil e figuran correctamente inscritas.
RISGA
Con este programa, os concellos atenden de forma especial á situación sociolaboral daquelas persoas beneficiases da prestación de RISGA (Renda de Integración Social de Galicia), cuxo proxecto de inserción sexa a procura activa de emprego mediante a contratación temporal para prestar servizos de interese municipal. O Departamento de Servizos Sociais resulta fundamental na implantación deste programa.
O concello, en función dos perfís das persoas potencialmente beneficiarias, determina os servizos aos que quere destinar eses recursos humanos e o Departamento de Desenvolvemento Local é responsable do proceso de selección no que só poden participar de forma exclusiva as persoas candidatas que figuren na lista elaborada e remitida pola Oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona.
Programa cooperación para o emprego (deputación)
A Deputación de Pontevedra, a través da liña xenérica do denominado “Plan Concellos”, abre todos os anos as axudas para que as administracións locais poidan contratar persoal para distintas áreas sempre de competencia municipal.
O concello será o encargado de determina os servizos aos que quere destinar eses recursos humanos e o Departamento de Desenvolvemento Local é responsable do proceso de selección no que só poden participar de forma exclusiva as persoas candidatas que figuren na lista elaborada e remitida pola Oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona.
Programa de cooperación para o emprego (xunta)
Con este programa, os concellos a través dunha subvención da Xunta de Galicia, poden cubrir necesidades laborais temporais mediante a obtención de subvencións á contratación, e fomentando así a contratación de persoas recentemente incorporadas ao mercado laboral ou que saíron del e atópanse nun dos grupos de risco, como son parados de longa duración, maiores de 45 anos, etc… Esta liña de axudas, orientouse nos últimos anos na nosa comarca á contratación de socorristas para as praias.
O proceso selectivo realízao directamente a Mancomunidade do Val Miñor, cos aspirantes que figuren na lista elaborada e remitida pola Oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona.
Plan de práctica laboral en concellos (Deputación)
A Deputación de Pontevedra pon en marcha todos os anos un programa polo cal as administracións locais solicitan a participación no Plan de práctica laboral provincial, grazas ao cal un total de catro persoas por ano pasan un período de formación máximo de 12 meses nos concellos.
Son as propias administracións locais as que identifican os perfís nos que están interesados, sendo competencia da Deputación o proceso selectivo das persoas finalmente beneficiarias desta iniciativa.
Convenio de contratación de Auxiliares de Policía
A través deste convenio de firma anual coa Xunta de Galicia, de cuxa xestión se ocupa en departamento de Desenvolvemento Local, o concello recibe unha axuda para a contratación dos Auxiliares de Policía Local que se incorporan cada ano para reforzando o persoal para atender ás características que definen a Nigrán como municipio turístico e que implican que durante os meses de verán a poboación chéguese a multiplicar por catro.
O proceso selectivo realízao directamente o departamento de Persoal.
Convocatoria para a promoción do uso da lingua galega — Normalización lingüística
Este concello está comprometido co obxecto de conseguir a normalidade lingüística garantindo os dereitos da cidadanía respecto da lingua galega e protexendo, potenciando e difundindo esta parte absolutamente fundamental do patrimonio inmaterial galego. As actuacións levadas a cabo polo primeiro Servizo de Normalización Lingüística de Nigrán creado o ano 2016, resultaron un absoluto éxito e está prevista a próxima contratación de persoal para a continuación do mesmo, en canto sexa publicada a correspondente convocatoria provincial sendo o Departamento de Desenvolvemento Local quen levará a cabo o proceso selectivo.
Técnico de turismo
Anualmente solicítase unha subvención ante a Axencia de Turismo de Galicia pola que incorporamos ao noso persoal municipal un técnico en turismo durante tres meses para poder atender adecuadamente a tempada de verán, de tanta transcendencia económica na nosa contorna.
O Departamento de Desenvolvemento Local é responsable do proceso selectivo correspondente.