Fomento do emprego por conta allea
Bolsa de emprego
Un dos obxectivos do Concello de Nigrán é contribuír de forma clara, directa e constante á promoción e mellora no uso daquelas ferramentas de traballo dirixidas a interatuar, entre outros, no campo da procura de emprego por conta allea. Neste sentido a Bolsa de Emprego, existe desde o ano 2002, como instrumento fundamental co que contamos para establecer unha relación o máis áxil, directa e continua posible entre os potenciais empregados e empregadores, lembrando sempre que se trata dun servizo de acceso voluntario tanto por parte das Empresas como Persoas en proceso de procura de emprego.
Esta bolsa de emprego está regulada por unha normativa específica pública e conta cunha base de datos informatizada que permite axilizar os trámites de xestión tanto respecto das demandas como das ofertas presentadas polas empresas.
Ofertas
A empresa que, voluntariamente, presente ofertas de emprego na Bolsa de Emprego tramitaráselles respectando o total das especificacións recollidas no modelo oficial de solicitude, e darase resposta con moita brevidade da preselección realizada.
Con carácter xeral, os criterios de selección partirán das seguintes preferencias:
- Adecuación dos perfís profesionais dos/as candidatos/as aos criterios de procura e requisitos solicitados pola empresa.
- Exame e revisión individualizada de todos e cada un dos CV das persoas incluídas nesta listaxe, para filtrar o conxunto de potenciais candidatos.
- Elaboración da ficha de contestación ás empresas coa listaxe definitiva de posibles candidatos/as.
Demandas
Os/as usuarios/as do servizo da Bolsa de Emprego, poderán ser todas aquelas persoas que o desexen, maiores de 16 anos e que se atopen en situación de procura de emprego. As inscricións na Bolsa de Emprego realizaranse previa cita, en reunión grupal e/ou individual co persoal técnico da concellería, na que se explicará o seu sistema de funcionamento e os/as usuarios/asinaranas as autorizacións e demais documentos así establecidos en función da normativa de funcionamento da Bolsa de Emprego do Concello de Nigrán.
Servizo de orientación
A través del ofrécese información e asesoramento aos usuarios que acoden ao servizo (de maneira directa, derivados doutros departamentos ou entidades…) solicitando información sobre cuestións laborais (recursos na procura de emprego, revisión, elaboración da materiais necesarios para o proceso: curriculums, cartas de presentación, candidatura, solicitudes de emprego, inscrición en portais de emprego), información na área formativa: Formación Profesional (oferta, modalidades, prazos e tramitación), Formación Secundaria (formación de adultos), Estudos Universitarios, Accións Formativas para Desempregados, accións formativas convocadas por Concellos e entidades) así como outras medidas de emprego entre os que podemos destacar: Talleres de Emprego, Programas Integrados, Lanzadeiras de Emprego, Garantía Xuvenil…
Realízase a tramitación da solicitude das convocatorias das Consellerías (Educación e Emprego) do proceso de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral. Tramítanse solicitudes de probas libres a formación regrada así como proceso de admisión e matriculación a formación profesional.
Colaboración e información sobre axudas e subvención para estudar formación regrada e formación para o emprego. Tramitación das solicitudes de certificados de profesionalidade.
Derivacións SPE de Galicia
Os usuarios dos servizos de orientación laboral que presten as entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia poderán acceder a través de previa solicitude a través das Oficinas de Emprego e inclúen as seguintes actividades:
Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego: comprenderá a atención específica a esta, co obxecto de identificar, coa participación e compromiso da persoa demandante, os seus recursos para o emprego, compostos polas súas habilidades, competencias, formación e experiencia, os seus intereses, as súas circunstancias persoais en relación co acceso ao emprego e as posibles oportunidades profesionais, así como outras variables relevantes para a elaboración do seu perfil e a súa clasificación en función da súa dispoñibilidade, da súa ocupabilidade e da súa empleabilidade e da evolución ao longo da súa procura activa de emprego.
Deseño do itinerario personalizado para o emprego: consistirá na elaboración coa participación e o compromiso da persoa demandante, conforme ás metodoloxías e coas ferramentas que en cada momento se determinen desde a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, do proceso que se considere máis adecuado para o seu acceso ao emprego de acordo co seu perfil, situación do mercado laboral no seu ámbito de procura, necesidades e expectativas, a través de criterios técnicos e estatísticos atendendo a aspectos cuantitativos e cualitativos de relevancia obxectiva, incluíndo as principais actuacións acordadas e o calendario de realización pactado coa persoa demandante, que deberá asumir un papel de protagonismo fundamental en todo o proceso, así como os elementos de verificación e seguimento. A definición do seu currículo, que reflicta o seu perfil profesional en termos de competencias profesionais. A aplicación de técnicas para a procura activa de emprego: contemplará a provisión de información, e manexo básico dos medios, técnicas e ferramentas accesibles para a procura de emprego por conta allea. Información e asesoramento adicional sobre: A situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego que poidan resultarlles de utilidade ás persoas demandantes de emprego para incrementar as súas posibilidades de empleabilidade.
A oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas. Apoio á xestión da mobilidade laboral.