Escolas deportivas municipais
As Escolas Deportivas Municipais teñen como finalidade fomentar e promocionar o deporte entre mozos e maiores, potenciando a visión educativa do deporte, así como impulsando o asociacionismo deportivo.
Os cursos comezan no mes de outubro, coincidindo co inicio da tempada escolar, e terminan a finais de maio.
As actividades impartidas caracterízanse por ser marcadamente xenéricas e globalizadoras, tendo cabida as distintas tendencias deportivas actuais. Son, ademais, de carácter mixto, o que amplía as súas posibilidades de éxito e fai que se axusten á realidade social e deportiva do municipio.
Modalidades:
Aerobic, Zumba, Pilates, Ximnasia de mantement, Ximnasia 3ª idade, Patinaxe, Taichi, Taekwondo, Tenis, Ioga
Horarios e lugares de impartición
Máis información:
- Web de deportes concello de Nigrán
- Pavillón de deportes municipal de Panxón