O Concello de Nigrán desexa premiar aos distintos clubs ou entidades deportivas do Municipio e deportistas individuais polos éxitos obtidos, así coma tamén pola súa traxectoria deportiva, xa que considérase importante recoñecer os logros para motivar ás entidades deportivas e aos deportistas individuais, ademáis de recoñecer o seu traballo, constancia e esforzo, o que é necesario tamén para fomentar a práctica do deporte.

Neste senso, o Concello de Nigrán vai realizar a súa Primeira Gala do Deporte o día 20 de abril do 2019, na que se outorgarán unha serie de premios aos clubs ou entidades deportivas e aos deportistas individuais do Municipio, de acordo ás bases que a continuación se especifican.

Estas bases serán publicadas na páxina web, tablón de anuncios e demais medios que se consideren oportunos, e enviaranse a todos os clubs deportivos inscritos no Rexistro de Entidades Asociativas Deportivas.

BASES I Gala do Deporte

FICHA I Gala do Deporte

AUTORIZACION I Gala do Deporte