Concello de Nigrán - deporte

Apostando pola potenciación

do deporte como elemento de desenvolvemento persoal, saúde e benestar

Deporte de Nigrán

No Concello de Nigrán  podense atopar numerosas entidades deportivas que dinamizan, promoven e fomentan a práctica da actividade físico-deportiva nas súas diferentes manifestacións, e miles de persoas que participan do feito deportivo desde distintas perspectivas.

Neste entorno deportivo, do que forman parte as propias entidades deportivas, deportistas, siareiros e árbitros, o Concello de Nigrán mantén o seu compromiso de traballo e responsabilidade dinamizando estratexias e liñas de apoio e financiación ás entidades, fomentando a participación activa no deporte, investindo na creación de novas infraestructuras e no mantemento das existentes, mellorando na xestión das instalacións deportivas municipais, xerando ofertas atractivas e novidosas para as diferentes inquietudes existentes ou apoiando a celebración de distintos eventos deportivos na cidade.

Asemade, a Concellería de Deportes ten a firme intención de manter unha oferta de servicios, actividades, programas e escolas deportivas de calidade que potencien o noso sistema deportivo local e faciliten o acceso e participación da poboación na actividade físico-deportiva.



AVISO pola Covid-19

Todas as actividades se realizarán baixo a estrita normativa de saúde e respectando en todo momento as medidas e restricións tomadas a causa da Covid19.

Actualmente o nivel do concello é de restrición Media- Baixa co cal, no ámbito deportivo hai que ter as seguintes consideracións:

Se a actividade non é federada:

Ao aire libre en grupos de ata seis persoas, sexan ou non coniventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.

Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.

Se a actividade é Federada:

Axustarase aos correspondentes protocolos aprobados pola Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Ademais disto débese ter en conta:

  • A limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno

  • A limitación da entrada e saída das persoas do ámbito territorial dos concellos.

Axenda deportiva

Sen eventos

Instalacións deportivas