‘DE RAMO EN RAMO’-OBRADOIRO E CONCERTO

INSCRICIÓN AO OBRADOIRO DE PERCUSIÓN

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE SÁBADO O CONCERTO DE LENI PÉREZ E ROBERTO COMESAÑA ‘DE RAMO EN RAMO’ CUN UN OBRADOIRO DE PERCUSIÓN PREVIO

Trátase do primeiro disco conxunto do acordeonista de Priegue (gañador dun Grammy no 2016 con Cristina Pato) e da intérprete e folclorista Leni Pérez

Antes do concerto desenvolverán un obradoiro de percusión dirixido a persoas a partir de 12 anos e para o que é preciso inscribirse no formulario web en www.nigran.es e acudir con instrumentos

Nigrán, 07/02/23.- O Concello de Nigrán ofrece este sábado 11 de Febreiro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de Roberto Comesaña e Leni Pérez ‘De Ramo en Ramo’, título do seu primeiro disco conxunto. O reputado acordeonista de Priegue, gañador dun Grammy no 2016 con Cristina Pato, Ángel Pintos e Davide Salvado, une o seu talento ao da recompiladora, intérprete e folclorista Leni Pérez, moi coñecida pola súa intervención durante anos na TVG como especialista en folclore ou pola súa participación en grupos como Os Escaravellos ou Pelica de Can. Neste concerto, darán a coñecer ao público asistente un repertorio tradicional protagonizado pola voz, pandeiro e acordeón no que se porá en valor á figura de muller. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Igualmente, e como parte da xornada, antes do concerto, de 18:00 a 19:45 horas, desenvolverán xuntos un obradoiro gratuíto de iniciación á percusión de man e cantares tradicionais dirixido a personas a partir de 12 anos sen necesidade de coñecementos previos. O límite de prazas é de 20 e os interesados se deben inscribir previamente a través dun formulario web en www.nigran.es. e acudir cos seus propios instrumentos (poden ser 2 culleres, cunchas, pandereta ou pandeiro…). No obradoiro os asistentes aprenderán cantares tradicionais acompañados de percusión de man en temas que despois soarán no concerto.