Cursos para mulleres desempregadas-FORMA-T

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE UNHA BATERÍA DE CURSOS DE DESTINADOS A MULLERES EMPADROADAS DESEMPREGADAS

Trátase de: Xestión de almacén e manexo de carretilla elevadora, mobilizacións posturais e cambios posturais de persoas dependentes, necesidades educativas especiais a través do ocio, administración electrónica e iniciación á informática

O prazo de inscrición arranca o 1 de setembro e finaliza 10 días antes do inicio de cada un dos cursos

Nigrán 31/08/22.- O Concello de Nigrán a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) desenvolverá o Programa FORMA-T destinado prioritariamente a mulleres empadroadas en situación de desemprego.

O programa inclúe as seguintes acción formativas:

– Xestión de almacén e manexo de carretilla elevadora con 138:00 horas de duración. Inclúe prácticas non laborais en empresas do sector. Data de inicio: 19/09/22

– Mobilización e cambios posturais de persoas dependentes con 20:00 horas de duración. Data de inicio: 26/09/22

– Necesidades educativas especiais a través do ocio con 25:00 horas de duración. Data de inicio: 03/10/22

– Administración electrónica con 15:00 horas de duración. Data de inicio: 04/10/22

– Iniciación á informática con 20:00 horas de duración. Data de inicio: 17/10/22

Destinado a mulleres empadronadas no Concello de Nigrán, terán preferencia as mulleres en situación de desemprego.

O prazo de inscrición comezará o vindeiro día 1 de setembro e rematará 10 días antes do inicio de cada un dos cursos.

Lugar de inscrición: as mulleres interesadas deberán presentar o formulario de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica, acompañada da documentación pertinente.

Para mais información poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 986383081 ou no correo electrónico: cim@nigran.org