O Concello de Nigrán organiza un curso de tarefas domésticas destinado tanto a mulleres como a homes. No primeiro caso, o curso está orientado a reparacións domésticas, e no segundo ao coidado básico da roupa. A inscrición será gratuíta, pero terán prioridade as persoas empadroadas en Nigrán.
Ambos os cursos comezarán o próximo 6 de abril, e desenvolveranse os luns e mércores de 17.30 a 19.30 horas. O prazo de inscrición, xa aberto, finalizará o próximo día 30 deste mes.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberán dirigirsa ao Centro de Información ás Mulleres, na antiga Estación de Tranvía de Panxón, ou no teléfono 986 383 081.